portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/09/2018
Hoxe sae á venda 'Cuadrilla de Pepa a Loba' o libro que conta os 25 anos de historia de Heredeiros da Crus
06/09/2018
comunicado das Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo sobre o acceso ás salas de música ao vivo sobre o acceso de menores de idade ás salas de concertos galegas
06/09/2018
Tanxugueiras "Tanxugueiras"
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
SES publica este venres día 1 unha revisión do seu disco de debut, ‘Readmirando a condición’


nota:

SES publica o vindeiro día 1 de decembro o seu quinto traballo, ‘Readmirando a condición’, no que a cantora coruñesa volve gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo- que xa podedes escoitar como adianto neste videoclip en Youtube.

Así, ‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

SES anuncia este novo traballo coa publicación dun videoclip en Youtube que inclúe o único tema inédito do CD, “Readmirando a condición”, unha nova canción na que lanza dardos afiados de denuncia e crítica social.

Sinatura de discos no Culturgal

Este novo disco só se venderá nos concertos da banda e na súa web a partir do día 1 de decembro. Iso si, para celebrar a súa saída, poderá mercarse esta fin de semana no stand da autora no Culturgal que se celebra en Pontevedra. SES estará na feira asinando discos o sábado 2 e o domingo 3 a partir das 17 horas.

Xira de presentación

De xaneiro a maio de 2018 SES e a súa banda realizarán unha xira de presentación por varias cidades galegas e españolas. Neste ‘tour’ as súas fans poderán escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

Vídeclip e máis información:




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo