portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/11/2017
Magín Blanco presenta "Camiños"
09/11/2017
O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.
09/11/2017
Eladio y los seres queridos “Historias de caza”
07/11/2017
Bolboreta "Vuelo"
31/10/2017
Mordem "Fragments to Dominate the Silence"
30/10/2017
Ainhoa Arteta e Estrella Morente ofrecen un concerto de Nadal o 26 de decembro en Compostela
O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.


O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.Esta obra preséntase como unha sorte de peza concertante para frauta solista e pequeno grupo instrumental.

Venres 10 novembro 2017

20:30h. Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Rúa Valle Inclán s/n, Santiago de Compostela
Acceso libre até completar o aforo.

Non o perdas, os concertos do TAC son sempre algo máis!!!!!

Diego García Rodríguez, director
Laura Iturralde, vídeo creación
Álvaro Quintanilla, violonchelo solista
Luis Soto, frauta solista
Ioanna Ciobotaru, viola
Saúl Canosa, clarinete
Nicasio Gradaille, piano
José Vicente Faus, percusión

Anatomías musicais

Fernando Buide Del Real - Inger mi calices* (2017) para frauta travesa e ensemble.
P. Maxwell Davies - Vesalii Icons (1969). Primeira vez en España.

Estrea absoluta. Encargo do TAC

O TAC presenta Inger mi calices escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide. Esta obra preséntase como unha sorte de peza concertante para frauta solista e pequeno grupo instrumental. Utiliza a mesma formación instrumental que a segunda peza do programa: viola, violonchelo, frauta, clarinete, piano e percusión.
A obra Vesalii Icons está inspirada nos debuxos que Vasilius fixo no século XVI para estudiar a anatomía humana.
Debuxos que ao compositor lle suxiren posturas corporais de Cristo durante o Via Crucis. O TAC conta para a interpretación desta obra coa colaboración da nova vídeo creadora galega Laura Iturralde.

Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)

O TAC recibe en 2013 o Premio da Crítica Galega polo seu proxecto Os Seráns do TAC e o Premio na categoría de Música Clásica e Contemporánea nos Primeiros Premios Galegos da Música.
Iniciou a súa andadura en 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas. Reivindica dende o principio a proximidade da música contemporánea para calquera tipo de público e a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos.

Ese mesmo ano, cun piano de cola no faro de Fisterra interpretou integramente a obra de Satie Vexations, 18 horas ininterrompidas de piano coa colaboración de 27 pianistas. Xunto a este tipo de repertorio, abordou no CGAC un ciclo de seis concertos dedicados á musica de compositores galegos e escritos para diversas formacións e no 2011 continuou cun ciclo de tres concertos que achegou ao público unha mostra do repertorio de fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade con obras de Crumb, Schnittke e Berio.

En xullo, actuaron no Via Stellae con Siniestro Total nun concerto conxunto (Land Of Opportunity) onde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña.

Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura, Os Seráns do TAC que incluía música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

Laura Iturralde

Escenógrafa, fotógrafa e iluminadora. Técnica Superior en Imaxe e en Grá ca Publicitaria. Desenvolve a súa actividade profesional en diversos ámbitos como a escenografía, iluminación, escaparatismo, vídeo arte e deseño grá co. Na actualidade traballa coa banda musical Trilitrate como VJ e en diversas compañías teatrais como técnica de iluminación. Entre os seus últimos traballos destaca o deseño de escenografía e iluminación da produción teatral Matanza de Triatreros, a escenografía da produción teatral A Idade da Pavía de Sarabela Teatro, a iluminación da opereta-clown Barbazul de Borja Fernández. Iturralde foi tamén VJ coa Orquesta da Metamovida 2014, deseñou a iluminación da produción de Gañaremos o pan coa suor da túa fronte da Compañía Trripalium e ideou a escenografía, iluminación e vídeo creación de Gañes d’udolar/ Ganas de ouvear, co-produción do CDG co Teatre Nacional de Catalunya. En 2014, foi gañadora dunha axuda INJUVE polo proxecto Bóreas.

Diego García Rodríguez

Os seus compromisos como director invitado comprenden orquestras, teatro de ópera e festivais estatais e europeos. A Real Filharmonía e a Orquestra Sinfónica de Galicia, as orquestras de Castela e León, Principado de Asturias e Estremadura, Orchestre des Pays de Savoy, a Akademicka Orkiestra Bydgoszcz ou a Orquestra Nova da OSG, son algunhas dos máis destacados. No ámbito operístico debutou como director musical no Teatro Real de Madrid con Hansel und Gretel de E. Humperdinck, Rigoletto na tempada Outono Lírico 2017 da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, Carmen de G. Bizet en Opéraa Baltycka (Gdansk/Polonia), a dirección musical da tempada 2015 da compañía donostiarra Opus Lírica cos títulos O barbeiro de Sevilla de Rossini e Rigoletto de G. Verdi ou as estreas mundiais de It makes non Di erence?, ópera de cámara de Simone Spagnolo no festival Tête Tête dos Riverside Studios de Londres e Die Traumende Knaben, do compositor T. Rasch en Dartmoor así como a produción do CDG A Ópera dos Tres Reais.

Foi director asistente no Liceu de Barcelona, Teatro Real de Madrid, Thê tre de Caen, Opéra Nantes-Angers, Opéra de Lausanne ou o Dartington Summer Festival cos mestres P. Daniel, J. Pons, N. Luisotti, D. Masson e N. Chalvin.

É o director artístico e musical do TAC, no que desenvolve unha intensa actividade na difusión da música contemporánea e a súa relación con outras disciplinas artísticas a través d’Os Seráns do TAC, estreas de compositores actuais ou o proxecto Land of Opportunity con Siniestro Total e o compositor Javier López de Guereña.

Co TAC presentouse no Auditorio Nacional de Madrid, a Semana de Música Religiosa de Cuenca e no Festival Internacional de Música e Danza de Granada, onde dirixiu estreas mundiais de K. Lang e S. Mariné.

En 2013 o TAC recibiu os galardóns Premios de Crítica Galicia e o premio na categoría de Música clásica e Contemporánea nos Primeiros Premios Galegos da Música.

Master en dirección de orquestra pola Z rcher Hochschule der K nste ampliou a súa formación con Diego Masson nas edicións 2009 e 2010 da Dartington Summer School e a London Sinfonietta seleccionouno para participar no seu primeiro programa de mozos directores en 2010.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo