portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/11/2017
Magín Blanco presenta "Camiños"
09/11/2017
O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.
09/11/2017
Eladio y los seres queridos “Historias de caza”
07/11/2017
Bolboreta "Vuelo"
31/10/2017
Mordem "Fragments to Dominate the Silence"
30/10/2017
Ainhoa Arteta e Estrella Morente ofrecen un concerto de Nadal o 26 de decembro en Compostela
Mordem "Fragments to Dominate the Silence"


O talento e a calidade do proxecto co que a coñecimos merecía un novo paso, unha reencarnación na traxectoria musical da coruñesa Elba Fernández. Nos discos de Jane Joyd (gañador do Proyecto Demo de Radio 3 e o FIB) predominaban as cordas e un ar máis folque e norteamericano. En troques, e un par de anos despois, chega Mordem (nome tirado dun poema de Rosalía de Castro) bañado en electrónica, trip hop, ambient, dream pop .. e ollando máis a referentes nórdicos. Deixamos para medios "indies" a retahila de nomes para non nos distraer con comparacións e nos desviar do mérito interpretativo e a intensidade da voz e as letras de Elba.

Os dez títulos deste debut xa anticipan unha forte carga de solemnidade e pouco espazo para o banal ou lixeiro: "A Violent Place", "Underwater Breathtaking", "The Blindness", "Funeral", "The Beast" ... Nun exercicio de introspección, Elba fala de soidade, individualismo, destrución, fraxilidade do ser humano, morte, perda ... polo que necesita da complicidade d@ ouvinte. Dado ese paso, e sabendo que hai fendas pequenas para que entre a luz, apreciaremos a beleza melancólica e taciturna destas reflexións e as músicas que as envolven. Porque canda a voz e guitarra acústica de Elba Fernández, gozaremos tamén da produción e os detalles de David Unison (tamén nas programacións, beats, percusións), do piano de Xavi Font e das guitarras de Manuel Cabezalí. E outro nome de confianza na gravación e mesturas: Luca Petricca nos Estudios Reno (Madrid).

Estes "Fragments to Dominate the Silence" son unha proposta valente en tempos dun hedonismo ficticio, de inmediatez e fuxida covarde cara diante. Mordem propón pausa, atención e reflexión desde unha sonoridade elegante e contemporánea que nos proporciona abondos momentos de emoción. Para redondear o musical, unha primeira edición limitada co deseño e fotografía de Elba, sempre exquisita nos detalles do traballo artístico.

Pepe Cunha, 31-out-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo