portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/11/2017
Magín Blanco presenta "Camiños"
09/11/2017
O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.
09/11/2017
Eladio y los seres queridos “Historias de caza”
07/11/2017
Bolboreta "Vuelo"
31/10/2017
Mordem "Fragments to Dominate the Silence"
30/10/2017
Ainhoa Arteta e Estrella Morente ofrecen un concerto de Nadal o 26 de decembro en Compostela
P.P. Arnold e a Steve Cradock Band, gran comezo do Outono Festival 2017. 26-out-17


O éxito da fórmula segue animando ao Outono Códax Festival a contar coa presenza dunha "vella gloria" e banda de apoio na súa programación. Nesta edición de 2017, a protagonista foi a vocalista de soul P.P. Arnold, unha estadounidense que tivo o seu momento de gloria no Reino Unido a finais dos 60 con singles coma "Angel of the Morning" ou "The First Cut is the Deepest", así como un primeiro álbum con Inmediate Records. Desde entón a súa carreira foi máis coma corista requerida en infinidade de álbumes durante décadas (Peter Gabriel, Nick Drake,KLF, Ocean Colour Scene ...) e no momento desta visita a Compostela está a promocionar un recente álbum de seu.

Acompañada pola impecábel banda de Steve Cradock (el anda de xira co Paul Weller) e cunha voz en bo estado de forma, ofreceu un repertorio notábel que acompañou de comentarios simpáticos e entrañabeis en plan "abuelo Cebolleta". E case sempre en castelán, para rematar de gañar o público. Repasou os seus inicios como corista nas Ikettes de Ike and Tina Turner con esa xira que a levou a UK para quedar hai 50 anos ("What"cha Gonna Do" e "River Deep, Mountain High"); a súa admiración por Aretha Franklin ("Natural Woman") ou Stevie Wonder ("Uptight"); o seu debut e clásico do Northern Soul "Everything"s Gonna Be Alright", os mencionados singles de éxito e a cara B "Speak to Me"; a súa relación cos Small Faces ("If You Think You"re Groovy", "Tin Soldier") e Barry Gibb ("To Love Somebody"). Canda elas, pezas do novo álbum como a que lle dá título "The Turning Tide" e a composición propia "If This Were My World", unha "Born" agasallo do mencionado Barry Gibb, unha recreación de "You Can"t Always Get What You Want" dos Stones producida por Eric Clapton ...

A fórmula volveu funcionar e o nivel segue alto. Gozamos de moita clase desde o palco da Sala Capitol, e talvez apreciamos cun punto por riba a banda con respecto da artista. Que xa é dicir! O final con "Tin Soldier" foi impresionante e o dominio desas claves do soul- rhythm and blues-pop-rock dos 60 é total. Seguimos con gana de ver qué nome clásico nos traerá seguinte edición mentres descubrimos máis artistas nesta.

Abriu a velada a banda Cachas and Cousins co seu repertorio de clásicos do ska e rocksteady que por si mesmos deberían quecer calquera velada: desde os Peeping Toms aos Wailers pasando por The Heptones ou Toots and the Maytals.

Pepe Cunha, 27-outubro-2017






Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo