portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/12/2017
María Fumaça “As que máis molan”
11/12/2017
Club del río "Un sol dentro"
05/12/2017
Uxía-O
01/12/2017
Davide Salvado, Guadi Galego e Sumrrá participan no M.A.R. (Movimento Artístico em Rede) o 8 de decembro en Póvoa de Varzim, Portugal.
01/12/2017
José Ignacio Lapido "El alma dormida"
28/11/2017
The Boo Devils "The Noble Art of Rock n"Roll"
Pancho Álvarez "Celtis australis"


O multi-instrumentista porriñés é deses artistas que necesitan sacar á luz traballos cos que compartir a súa inquedanza creativa á marxe dos proxectos dos que é partícipe: desde hai anos a banda de Carlos Núñez e ao principio en Matto Congrio ou Na Lúa. Se temos en conta que o primeiro álbum de seu, "Florencio, o cego dos Vilares", data de 1998 e que este que nos ocupa é xa o quinto, queda ben claro que estamos ante unha traxectoria propia e cuns rasgos identificativos. Se cadra reforzados neste álbum de título inspirado por "ubicar Galicia como o sitio dos celtas do sur, en contraposición aos considerados típicos países celtas do norte como Irlanda ou Escocia, e, por outro, o nome botánico da árbore “Lodoeiro” (almez ou lodón ou flor de loto para os romanos)."

"Celtis Australis" resulta un disco luminoso, de corte optimista, con maioría de instrumentais e 6 cancións para cuxos textos segue a contar principalmente con Suso de Toro e suma a Manuel Forcadela e Magín Blanco. Dezasete cortes e unha duración de 2-3 minutos dan para unha escoita fluída, agradábel, e amosar con máis ou menos éxito as caras diferentes dun Álvarez verśatil ás cordas mais tamén ao acordeón, a zanfona, as percusións ... e unha voz que xa sabiamos que cumpre. Con máis ou menos axuda de compañeir@s, entrega pezas que nos levan desde Galiza en diferentes épocas ("Medulio", "Rumbas do Sar","Illas do Norte"...), a Portugal ("Aires de Aquí e de acolá", "A miña viola","Aires de Guimaraes") ou Irlanda ("The Burren") nun disco que en conxunto sona actual e asequíbel polo seu equilibrio entre o tradicional e o pop.

Nesta vertente pop-folque de autor encontro algúns dos mellores momentos do álbum: "Nas túas mans a miña casa", "A miña viola" e "Outra mañá". Sumémoslle instrumentais coma "Pasodoble de San Roque" con Álvarez encargándose de todos os instrumentos ou a colaboración da guitarra de Pablo Novoa en "Baixo o lodoeiro" e xa xustificariamos recomendar a escoita do disco. Un traballo xeneroso na calidade instrumental e as intencións, onde predominan os momentos gozabeis sobre os frouxos e que conta cunha presentación bonita en dixipack con deseño de Luis Umbría.

Pepe Cunha, 6-outubro-2017

"Florencio, o cego dos Vilares", (Do Fol, 1998)
"Nas cordas", (Do Fol, 2001)
"Sólidos Galicianos" (Do Fol, 2009)
"Sonche atlántico" (Do Fol, 2012)



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo