portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/05/2018
O Revenidas (17, 18 e 19 de agosto) incorpora ao seu cartel a Soziedad Alkoholika, The Real MCKenzies ou Balkan Bomba
12/05/2018
máis de vinte convidadas na xornada Mulleres e Música o sábado 19 de maio no Teatro Colón da Coruña
11/05/2018
Fernando Barroso e Margarida Mariño fan do Jofre no seu "Silence Lovers Club", 10-maio-2018
11/05/2018
mercedes peón "déixaas"
09/05/2018
Ribeiro Son de Viño presenta o cartel da súa V edición: O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca
09/05/2018
PortAmérica 2018 pecha o seu cartel con Xoel López, Jenny and the Mexicats e Pasajero
Isabel Vinardell & Isabelle Laudenbach " A solas"


Isabel Vinardell (voz e palmas) & Isabelle Laudenbach (guitarra e coros) proceden, entre moitos outros, de proxectos "barceloneses" como Cheb Balowski e Las Migas, respectivamente, e deles herdan o traballo na canción con aires flamencos e mediterráneos. "A solas" é o seu debut discográfico coma dúo tras macerar a súa colaboración en gravacións en espazos singulares coma unha cova, unha fábrica abandonada ou o bosque. "Como caracoles con su casa a cuestas, nos llevamos lo necesario para grabar cada canción en un lugar distinto". Así conseguiron dotar dun mundo propio, dunha atmosfera de seu, a cada unha das dez cancións que finalmente rexistraron neste álbum.

Cantado en castelán, catalán e mesmo italiano, o repertorio está formado por unha maioría de versións levadas ao seu contexto creativo para dotalas dunha maxia especial. Desde o bolero eterno “Algo contigo” de Chico Novarro até “Pa’ llegar a tu lado” da malograda Lhasa de Sel, pasando por unha peza propia de cada unha das artistas, cancións de berce tradicionais ou poemas de Clara Janés, Alfonsina Storni ou José Hierro que elas musican. As "Isabeles" tiran máis cara ao flamenco, pero gostan de experimentar con outros estilos sempre e cando sexan quen de redondear a interpretación neste formato intenso de voz e guitarra. Coma excepcións sobresaíntes, un par de pezas con arranxos de cordas: "Nana del preso", con letra dun poema de José Hierro, e "L"appuntamento", versión italiana do clásico de Roberto Carlos "Sentado à Beira do Caminho".

"A solas" é todo agarimo, sentimento, complicidade, pausa, delicadeza, paixón por cada detalle. "De relación contrastada entre las propias fragilidades y fortalezas. De desnudez. De intimidad". E como isto non se podía limitar a unhas gravacións, por moi ben acabadas que estean, a presentación física do disco non podía desmerecer en encanto e tamén aposta polo artesanal: postais individuais coas letras, notas sobre o proceso de creación e ilustracións da propia Vinardell. Unha fermosura.

Pepe Cunha, 25-setembro-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo