portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/10/2017
diego guerrero "vamos caminando"
09/10/2017
Lila Downs no ciclo Son[s] de Ferrol o 25 de novembro
05/10/2017
pancho álvarez "celtis australis"
25/09/2017
As bandas neoiorquinas Luna e The Pains of Being Pure at Heart, na nova tempada do ciclo Sons de Ferrol. 6 e 13 outubro no Teatro Jofre
25/09/2017
Isabel Vinardell & Isabelle Laudenbach " A solas"
29/08/2017
Todo o país e máis de 30 artistas celebran en Compostela o legado artístico de Fran Pérez, Narf
música na "Festa Cidade Europea do Viño" o 9 de setembro en Cambados


nota:

O vindeiro 9 de setembro terá lugar no Parque Torrado de Cambados a "Festa Cidade Europea do Viño" cun programa desenrolado en colaboración coa Deputación de Pontevedra e que pretende ser unha alternativa musical diferente á oferta xa existente dos festivais de verán.

Coa excelencia como mellor aval, as bandas presentadas o pasado venres 4 no marco da Festa do Albariño, caracterízanse por acumular premios da crítica especializada e por percorrer escenarios de todo o mundo: Belako, Familia Caamagno, Presumido, Ghesgha, Disco Las Palmeras!, Cápsula, Brian Cross, Emilio José e Os Indígenas, Oh Ayatollah, Kings of the Beach e Niña Coyote eta Chico Tornado pasarán pola Capital europea do Viño nunha xornada para toda a familia.

A música chegará ao Parque Torrado a partires das 12.30 h e prolongarase ininterrumpidamente ata ben entrada a madrugada da man de Brian Cross, un dos djs máis internacionais do panorama musical actual.
Nunha xornada pensada para toda a familia, o festival contará con foodtrucks e servicio de bebidas para aqueles que teñan pensado pasar todo o día no recinto. Os prezos, moi populares varían entre os 10 euros de entrada anticipada (cós gastos engadidos) aos 15 de taquilla e permítese á entrada de menores de 16 anos gratis sempre acompañados por un titor. As entradas anticipadas xa están á venda en ticketea.
BELAKO (Euskadi)
Favoritos da crítica española, Belako son unha xovencísima banda de Euskadi que con só dous discos xa conseguiu armar un lío considerable. Gañadores de premios como o de Mellor Artista Emerxente dos Premios da Música Independiente, os vascos estreáronse no 2013 con "Eurie" e desde entón, non fixeron máis que crecer e alimentar as caldeiras do seu rock repleto de ramalazos electrónicos e pinceladas de punk e post-punk. Con 'Hamen' o seu segundo traballo, o cuarteto de Bizcaia, reforza a súa faceta máis experimental e a conexión electrónica.

FAMILIA CAAMAGNO (Galicia)
Son cinco amantes do pop e do rock, constituen un dos conxuntos músico-vocais con máis tirón do panorama musical galego e xuntos forman unha gran familia. Concretamente, Familia Caamagno. Trala excelente acollida do predecesor Hai que andar cos tempos!, a Familia Caamagno traenos unha nova entrega da súa música refrescante en Para unha vez que saímos, un variado percorrido polos diferentes ritmos musicais que tanto idolatran os nosos protagonistas: desde o rock'n'roll bailongo e acelerado pasando pola oscuridade garaxera ou o power pop.

PRESUMIDO (Galicia)
Presumido son unha ponte entre a música electrónica do pasado e do presente. Un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, cuxa proposta é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán na súa vertente electrónica xamáis se metera. Collen o estilo dos clásicos do xénero como Depeche Mode e empápano coas referencias máis contemporáneas como M3 ou Daft Punk, e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjork ou Telefon TelAviv. Moitos os definen como Depeche Mode en castelán pasados de rosca.

DISCO LAS PALMERAS (Galicia)
Nacida entre Sarria e Santiago de Compostela a súa historia comeza cunha maqueta distribuida única e exclusivamente a través de Myspace que chama a atención dos mesmos medios que alabarían a saída do seu primeiro álbum e os destacarían como unha das bandas máis destacadas do Noise Rock do momento, chegando a ser destacada por The Guardian como grupo a seguir.
Acaban de gravar o que será o seu cuarto álbum en Austin e de tocar no Ruido Fest en Chicago.

CÁPSULA (Arxentina)
Guiados pola parella Martin e Coni, en guitarra e baixo, foron comparados pola Rolling Stones con grupos da altura dos The Who. E eso é porque o seu son mestura a intensidade do garage rock es raíces do rock and roll co post punk, noise e psicodelia oscura, todo entregado cunha enerxía impactante e visceral.
Foi a mellor banda do 2009 no SXSW según o Chicago Tribune e contan con centos de siareiros en Estados Unidos, Sudamérica e Europa. Agora mesmo están a presentar o seu último disco 'Santa Rosa', un álbum cheo de enerxía con toques actuais e futuristas.

EMILIO JOSÉ E OS INDÍGENAS (Galicia)
¿Xenio ou pirado? Para nós, xenio. Agricultura Livre, o seu segundo traballo de Emilio José é a súa confirmación como artista polivalente. É un inagotable banquete de métodos e estilos, nunha valentísima proposta de sacar á luz un disco triple, de máis de catro horas e íntegramente en galego.

OH AYATOLLAH (Galicia)
Din que fan pop e non o expresan en torno a unha concepción estilística nin de vendas. Nalgunha ocasión teñennos definido como nihilismo entusiasta. Catro estudiantes de filosofía e un de xeografía compoñen Oh Ayatollah, que acaban de estrear 'Cancións por se non te quere xa' un primeiro EP de cinco temas propios. Ayatollah Pop á voz principal e o teclado, Ayatollah Soares á batería e coros, Ayatollah Boy nunha guitarra e Ayatollah Lalalalee noutra e Ayatollah Slim ao baixo e coros.





KINGS OF THE BEACH (Galicia)
Nacen en Vigo no verán do 2013 con Adrián Rodríguez (guitarra e voz) Yago Guirado (baixo e voz) e Samuel Otero (batería)
A principios do 2015 publican a súa primeira maqueta, 'Badass', pegado forte na escena galega. Un ano máis tarde, en febreiro do 2016 publican o seu primeiro EP 'Bat Pussy', obtendo repercusión nacional e internacional e causando unha boa impresión en medios como Radio 3 ou MondoSonoro.
O seu son pode definirse como salvaxe e rápido como un sopapo na cara. Comparados con Togher Pangea ou os mesmísimos Fidlar, postúlanse como unha das xóvenes promesas galegas moi a ter en conta nun futuro próximo.

NIÑA COYOTE ETA CHICO TORNADO (Euskadi)
Atopámonos ante o comezo do irremediable éxito da novísima formación da cada vez máis coñecida banda Niña Coyote eta Chico Tornado. Con claros tintes de sons stoner e rock duro Ursula Strong e Koldo Soret, na batería e baixo non pararon desde o lanzamento do seu primeiro LP (homónimo) tocando en máis de 70 concertos trala saída do mesmo e tocando en México, Estados Unidos previo paso polo Primavera Sound ou o Azkena Rock Festival. Lainoland é o seu segundo traballo, grabado en directo e nun solo día. Fresco e contundente como o seu directo.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo