portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/10/2017
diego guerrero "vamos caminando"
09/10/2017
Lila Downs no ciclo Son[s] de Ferrol o 25 de novembro
05/10/2017
pancho álvarez "celtis australis"
25/09/2017
As bandas neoiorquinas Luna e The Pains of Being Pure at Heart, na nova tempada do ciclo Sons de Ferrol. 6 e 13 outubro no Teatro Jofre
25/09/2017
Isabel Vinardell & Isabelle Laudenbach " A solas"
29/08/2017
Todo o país e máis de 30 artistas celebran en Compostela o legado artístico de Fran Pérez, Narf
Kepa Junkera & Sorginak "Maletak"


Aínda que este disco disque foi gravado máis na casa, o "mítico" acordeonista non abandona a súa liña habitual de colaboracións. Se xa no anterior "Galiza", aquí comentado, atopabamos moitísim@s artistas do noso país, o último traballo de Kepa Junkera expándese polo territorio español para acoller un centenar de músic@s e unha instrumentación abondosa. Ademais, volve contar coa colaboración das Sorginak, vocalistas e pandeireteiras. Pezas como "Marea Zumaian" ou "Errekarriak" son mostras do brillo que achegan ás súas voces. Porén, hai máis presenza vocal éuscara (Ion Elustondo, Beloki, Imanol Urkizu, Xabi Solano...) e até o referente do folque peninsular Eliseo Parra.

Poderiamos encher liñas só mencionando nomes propios e instrumentos como a alboka de Ibon Koterón, a txalaparta de Oreka TX, Daniel do Pando coa súa trompa de Fonsagrada, o violín do burgalés Diego Galáz (de Fetén Fetén), o saxo de Pedro Lamas, a guitarra flamenca de José Luis Montón e Josete Ordoñez, Antonio Serrano á harmónica), Germán Díaz na zanfona ... e só con estes podemos facernos unha previsión dos mil e un detalles de "Maletak", un proxecto onde ademais das habituais composicións instrumentais teñen presenza notábel os textos das cancións. Junkera contou cun feixe de colaboradores como Andoni Egaña, Jon Maia, Mikel Sarriegi e Xabier Sarasola. Segundo Junkera,"refleja un mundo muy surrealista que no tiene una explicación directa pero que trata de proponer un juego de imágenes y músicas plásticas y llamativas». Como rechamante é a presentación física do disco coas súas fotos e postais.

Malia tanta colaboración, que non abafa tanto como podería parecer a priori, a trikitixa do artista segue a marcar a liña de referencia nos 17 (!!!) cortes do álbum. Estes poderían dividirse nunha cara máis experimental nas harmonías e outra máis inmediata ou fresca. A propia "Maletak" pecha o disco coa súa riqueza en idiomas e voces, e trátase, en palabras de Junkera, dunha "forma de recoller na nosa maleta todas esas experiencias resultantes das nosas viaxes e encontros con outras culturas a través dun instrumento sinxelo pero moi desenvolvido en diferentes rexións da península como a pandeireta».

Moito que degustar desde o amor ao folque, sexa de onde sexa.

PepeCunha, 25-agosto-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo