portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
10/10/2017
diego guerrero "vamos caminando"
09/10/2017
Lila Downs no ciclo Son[s] de Ferrol o 25 de novembro
05/10/2017
pancho álvarez "celtis australis"
25/09/2017
As bandas neoiorquinas Luna e The Pains of Being Pure at Heart, na nova tempada do ciclo Sons de Ferrol. 6 e 13 outubro no Teatro Jofre
25/09/2017
Isabel Vinardell & Isabelle Laudenbach " A solas"
29/08/2017
Todo o país e máis de 30 artistas celebran en Compostela o legado artístico de Fran Pérez, Narf
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto


nota:

Saumede é unha aldea do século XVII ubicada no concello de A Bola, que foi abandonada hai décadas ata que case todas as súas construcións quedaron en ruínas. Como calquera ruína, é un sitio fascinante pola pegada do pasado e, á vez, frustrante polo seu grao de abandono. Porén, de vez en cando, entre esas ruínas volven xuntarse as persoas e a aldea volve existir en presente dentro do fabuloso espazo no que se sitúa, declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO pero a só 35 km de Ourense. O mellor exemplo diso é o Festival Ao Compaz, promovido pola Asociación El Pueblo Saumede, que chega este ano á súa séptima edición e presenta de novo unha verbena alternativa de entrada gratuíta, con algúns dos proxectos máis interesantes do panorama musical galego e pinchadas ata o amencer. Como sempre, o cartel (deseñado pola artista galega Pepa Prieto Puy) equilibra o risco e a pura celebración que se experimentaron en edicións anteriores. Para mostra, un vídeo que recolle o espírito de edicións anteriores.

Así, o 18, 19 e 20 de agosto pasarán por Saumede dezasete proxectos ben diversos que serven para bailar, para sentir emocións intensas ou, directamente, para flipar nun enclave cheo de maxia. O eclecticismo é a única pauta: teremos o rock de vangarda de Cró!, pero tamén a cumbia moderna de Esteban &Manuel, ou o punk anárquico de Lamprea Explosiva e o delicado electropop de Ocre. Haberá pop fermoso como o de Zurraspa e violencia electrónica como a de Glitchgirl; maxia vocal como a de MounQup, rock pantanoso como o de Thee Boas e melodías noise como as de Meus, ademais do regreso de vellos coñecidos do festival como os imprevisibles Monstruo e MontañaMuerte, que poñerá música en directo ao filme Acariño galaico de José Val del Omar. A maiores, o eclecticismo seguirá na pista de baile cunha serie de pinchadas ben variadas a cargo de Aries, Super Noodles, Sister Act 2 djs, Amanecer Dorado djs, Touro dj e VitaminC dj, que pasarán do hip hop ao tropicalismo, do merengue e a salsa ao northern soul ou o italodisco. O festival finalizará o domingo ofrecendo unha sesión vermú con máis pinchadas, mercadiño de artesanía e produtos ecolóxicos, xogos tradicionais, zona infantil e o xa mítico campionato internacional de petanca de Saumede.

Para facilitar o desfrute do festival, Saumede ofrece unha zona de acampada e aparcamento gratuitos, ademais dun bar no que se servirá comida e bebida, sempre con opcións vexetarianas e a prezos asequibles. O resto de recomendacións e información sobre o festival e como chegar atópanse neste evento de Facebook.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo