portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/08/2017
Esta fin de semana en Monterroso, o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa
15/08/2017
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto
14/08/2017
chega unha nova edición do V de Valarés, no Concello de Ponteceso
08/08/2017
tórtel "transparente"
04/08/2017
A próxima semana A Coruña transformarase nun grande escenario para acoller unha nova edición do Noroeste Estrella Galicia.
01/08/2017
Mulleres bravas, música da terra, grupos internacionais e unha chea de actividades paralelas para o Revenidas 2017
tórtel "transparente"


Como en "Entusiasmo"(2012) e "La gran prueba" (2014) -aquí comentado-, volvemos constatar que o valenciano Jorge Pérez é todo un artesán do pop, un orfebre preciosista das capas, matices e detalles. Neste álbum volve xogar nun crebacabezas de pezas pop e entrega dez cancións asinadas con boa letra, de carácter atemporal, pero desta vez cun son máis envolvente e a presenza dos arranxos sintetizados. De feito, non é anecdótico mencionar a masterización de Joe Lambert, responsábel do son final de discos de bandas como Deerhunter, Panda Bear ou Animal Collective.

"Transparente" é un disco valente e honesto pero non ousado, pois equilibra ben o continuismo coa diferenciación na traxectoria de Tórtel. Hai tanto detallismo e intensidade sonora que poderiamos perdernos en diseccionar desde o comezo co toque cósmico de "Respira" até a única peza puramente instrumental, desas que chaman"orgánicas" e que incide na riqueza estilística do álbum. Na viaxe sonora entre ambas, e sempre dentro da tradición pop, hai momentos lixérsicos, caos controlado e detallista, harmonías bellas, aires beat, suaves toques progresivos, guitarras, samples ... e a voz cálida e letras honestas e vitalistas dunha persoa madura que sabe expresar o que entende da realidade, ás veces con metáforas ben acaídas.

En resumo, celebramos un agasallo para amantes do pop atraíd@s pola convivencia do orgánico co sintético, do analóxico co dixital, E o que resulta máis importante se falamos de pop: que as cancións funcionen. "La casa de hojas", "La luz de sempre", "Transparente", ”En defensa propia” ... merecen que te achegues ao disco sen complexos.

Pepe Cunha, 8-agosto-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo