portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
13/09/2018
Hoxe sae á venda 'Cuadrilla de Pepa a Loba' o libro que conta os 25 anos de historia de Heredeiros da Crus
06/09/2018
comunicado das Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo sobre o acceso ás salas de música ao vivo sobre o acceso de menores de idade ás salas de concertos galegas
06/09/2018
Tanxugueiras "Tanxugueiras"
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
A próxima semana A Coruña transformarase nun grande escenario para acoller unha nova edición do Noroeste Estrella Galicia.



Hai tres anos o Noroeste Pop Rock, que chega á 31ª edición, comezou un fondo proceso de transformación, pasando de celebrar dúas noites de concertos na praia de Riazor a espallar 200 horas de música, do martes 8 ao domingo 13 de agosto, por 15 escenarios singulares da cidade, converténdose deste xeito nun dos maiores festivais urbanos de España.

O Noroeste Estrella Galicia mantén os seus característicos concertos gratuítos as noites do venres e do sábado en Riazor, que este ano protagonizarán os británicos Kaiser Chiefs -no seu único concerto no noso país nos próximos meses-, os escoceses The Jesus And Mary Chain -nunha das súas escasas actuacións en España este verán-, os españois Surfin" Bichos -reunidos en exclusiva para a xira do 25 aniversario do seu mítico álbum Hermanos Carnales-, e máis o galego Iván Ferreiro. Xunto a eles, as bandas gañadoras do XIX Concurso de Bandas e Solistas da emisora Cuac FM: Cia Campillo, da Coruña; The Riggos, a medio camiño entre Gondomar e Monforte; Eager Platypus, de Arteixo; e Boyanka Kostova, de Compostela.

Máis da metade das 100 bandas e artistas que actuarán no festival son galegas. Ademais de Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, García MC ou Emilio José e de grupos míticos como Radio Océano, Lascivos ou Samesugas, haberá unha amplísima representación da nova escena musical galega, como as Bala, Malandrómeda, Atrás Tigre, Os Gru, Travesti Afgano, Pantis e un longuísimo etc: Boyanka Kostova, Espiño, Puma Pumku, Bifannah, Indomable, Jules & the wolf, Lamprea explosiva, Naranja imaginario, Ricky Hombre Libre, Less Fortunate Songs, Hongo, Luga, Harakiri, Romance, The Preachers, Klüte, Sen Senra, Calero, Mielitza, Salmiak, Dagla, Window Pane, Ánima, The Soul Jacket, Druso, The Riggos, Eager Platypus, Proyecto Moucho, Xoán Curiel...

Podes facer clic arriba para ampliares o mapa de localizacións e consultar nas seguintes ligazóns os horarios, localizacións e artistas na web do festival e escotares unha lista de cancións en Spotify,



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo