portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/08/2017
Esta fin de semana en Monterroso, o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa
15/08/2017
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto
14/08/2017
chega unha nova edición do V de Valarés, no Concello de Ponteceso
08/08/2017
tórtel "transparente"
04/08/2017
A próxima semana A Coruña transformarase nun grande escenario para acoller unha nova edición do Noroeste Estrella Galicia.
01/08/2017
Mulleres bravas, música da terra, grupos internacionais e unha chea de actividades paralelas para o Revenidas 2017
O Feito a Man aumenta a súa programación e acolle case 80 espectáculos do 3 ao 30 de agosto


nota:

Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Chega esta semana a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

O programa foi presentado esta mañá na Praza de Feixoo, coa presenza de Manu Rodriguez e Anxeles Porto por parte da organización; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o alcalde da cidade, Martiño Noriega, ademais da actuación de Espiño.

Polo Feito a Man deste ano, o máis longo e abondoso de todos os que se teñen celebrado, Por el pasarán máis de 70 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega…

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario, Cervantes ou Quintana.


Dous concertos especiais

Esta última dous concertos de maiores dimensións -e de pagamento-: o 20 de agosto un concerto dos escoceses Shooglenifty coa Banda das Crechas e as Tanxugueiras, que levará o nome de ‘Noite para Angus’, o violinista da banda escocesa que tanta relación tiña con Galicia; e o día 30, para fechar o festival, terá lugar o espectáculo ‘Camiñar sen fin. Concerto para Narf’, no que participarán ducias de artistas do mundo da música e das artes escénicas que farán un percorrido pola carreira de Fran Pérez, ‘Narf’.


Bandas locais e internacionais

Nestes 28 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias.

Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, continuamos a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Oh Ayatollah, Espiño, Som do Galpóm, Os d’Abaixo, Valentin Caamaño Trío, Trifasic, Zapa, Chocolate band, Mojo Experience, Pablo Sanmamed Trio, Alô Django, Garcia Mc, The Neighbour, Banda das Crechas, Grüvzilla, Leira Catro, The Show Bass, Puma Pumku, Noe Black ou Tres Pesos.

Alén disto, tamén poderemos ver bandas internacionais como Quique Escamilla (Canadá/México), Kyekyeku (Ghana), Kamankola (Cuba), DJ Najle (Colombia), Cygne (California, EEUU), Kaela Rowan Band (Escocia), Haema (Portugal), Michelle Alany and the Mystics (EEUU), Scratchy Sounds (Inglaterra), Mongrel State (Irlanda) ou Luiz Caracol (PT).


Outras novidades

Alén da programación, o festival este ano estrea viño propio, un ribeiro con uva treixadura que leva o nome do festival. E tamén unha app, tanto para móbiles Android como iOS, que se pode descargar de forma gratuíta.

Este festival, organizado pola asociación cultural Cidade Vella, está apoiado polo Concello de Santiago e pola Deputación da Coruña, ademais de patrocinado por Estrella Galicia.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo