portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
22/08/2017
Esta fin de semana en Monterroso, o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa
15/08/2017
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto
14/08/2017
chega unha nova edición do V de Valarés, no Concello de Ponteceso
08/08/2017
tórtel "transparente"
04/08/2017
A próxima semana A Coruña transformarase nun grande escenario para acoller unha nova edición do Noroeste Estrella Galicia.
01/08/2017
Mulleres bravas, música da terra, grupos internacionais e unha chea de actividades paralelas para o Revenidas 2017
"Facer un festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes durante case 20 anos merecería un Grammy latino polo menos." Luis Íñiguez, Felipop.


Antes da febre ou a burbulla festivaleira xa estaba o Felipop. Nunha parroquia fenesa agroumou unha querencia pop fóra do normal que se canalizou a través da Asociación Felicia. Aínda no século pasado, esta asociación cultural decidiu montar na casa o festival ao que lle gustaría asistir. Superada xa a maioría de idade -algo do que poucos festivais poden presumir-, ofrecen algúns cambios sen abandonar os seus sinais de identidade e o lema "o importante é a melodía".

Na semana do Felipop 2017 (venres 21 e sábado 22 de xullo) conversamos co profesor Luis Íñiguez, talvez a máis mater das almas felicias.

Ábrete de orellas: Até este ano, o Felipop tiña lugar na segunda fin de semana de agosto. A ninguén escapa que o relanzamento do Noroeste Pop Rock nas mesmas datas e a menos de 50 kms pode restar uns centos de asistentes, o que para un festival modesto resulta un golpe duro. É esta a razón para o cambio de datas ou se nos escapa algunha máis?

Luís Íñiguez: Cando empezamos non había nada, iso dos festivais sonaba raro. De feito, nas primeiras edicións tivemos a Guardia Civil na porta por se pasaba algo. Hoxe en día todos queren o seu festival, cousa que nos parece ben, Evidentemente, nós non podemos competir a eses niveis. Somos un festival pequeno que pode presumir de coherencia e xestión; facer un festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes durante case 20 anos merecería un Grammy latino polo menos.

AdO: Que pensas que ten e que non ten o Felipop con respecto doutros festivais do país?

L.I. : Pois non sei que dicirche, non podo comparar,. Non vou a outros festivas desde hai moito tempo. No que facemos estou cómodo, física e musicalmente. Xa sabemos que apostamos por xéneros e artistas a maior parte das veces descoñecidos pero alguén terá que facelo, porque no fondo sempre nos gustou máis a cara B do mundillo musical, o que está máis atrás do que se ve


AdO: Cando un festival se caracteriza pola especialización nunhas determinadas tendencias ou estilos, o seu público adoita ser do que fía do criterio da organización. Soe ser moito máis habitual a maioría de nomes "descoñecidos", aínda que no repaso que fixemos atopamos soul, glam, psicodelia, rock americano, power-pop ... Que atractivos a nivel musical ves ou salientarías este ano?

L.I.: Sempre procuramos traer un pouco de todo, este ano por fin poderemos contar cun xénero que nos gusta moito e que se nos resistía: o glam rock ou gay rock como o coñeciamos por aqui. Haberá soul con David Hooper, revival de tropicalismo con Bifannah, sicodelia con Fogbound e Los estanques da que son admirador, ademáis da nova formación de Alfonso Espiño. a volta dos Zodiacs ou Germán Salto.


AdO: O soul-blues-rhyhtm and blues é unha das correntes menos frecuentes no Felipop, pero este ano contades cun soulman, o que nos parece ben atraínte. É este un caso de vocalista negro ao que se lle monta unha banda solvente de acompañamento ?

L.I.: Traer grupos de soul que traballan por aquí non é doado, non todo nos gusta, pero este vocalista David Hooper pareceunos realmente interesante. Vén cunha banda de 7 músicos


AdO: Se contamos a presencia de Malditos Bastardos na sesión vermú, sáennos 4 bandas galegas dun total de nove. Parécenos comprensible non só porque iso compensa as limitacións económicas, senón tamén porque pensamos que hai bandas abondas malia non sonaren nos medios. Estás de acordo ou vén o que pensades que hai?

L.I.: Xa desde o principio sempre tentamos contar con bandas galegas, non só como ben dis por unha cuestión económica senón por dar oportunidades dentro das nosas posibilidades. Hoxe en día hai moito e de todo, é case un mundo imposible pero sí é certo que hai máis onde escoller que hai 15 ou 20 anos


AdO: En Ábrete de orellas podemos dar fe de que as 18 edicións do Felipop nos entregaron momentos para non esquecer, sexa por descubrimentos, concertos redondos, oportunidades case únicas e mesmo algunha anécdota ... Sen querer poñerte nun compromiso, porque serán máis de 150, podes citar algunhas das que gardas mellor recordo ?

L.I.: Meus favoritos son o de PF Sloan polo concerto en si e polo que significou para nós e do Peter Perrett hai tres anos, os Only Ones eran e siguen sendo un grupo que me gusta moito, non esperaba o que fixo. Notamos que había moitas máis os primeiros anos, era todo un pouco máis salvaxe, algún día faremos o libro de anécdotas e chismes do Felipop.


AdO: Cando cada vez máis xente se queixa por horarios tardíos (non só no Felipop), seica este ano ides máis en serio e facedes unha oferta: rebaixades o prezo (sempre asequíbel para 8 concertos) a 10 euros entre as 20:30 e 21:30. Vai ser este un novo Felipop que conserva o bon e afina na punctualidade ?

L.I.: As novas ideas sempre levan un tempo de adaptación pero cremos que é momento de pensar non só na nosa propia saúde senón tamén na necesidade de darlle un empuxe ao público de primeira hora e pór en valor aos grupos que abren cada día. Nesa franxa horaria e como novidade poderase cear polbo e churrasco con banda sonora a cargo de djs felicianos.

Pois xa sabes: premio á punctualidade, variedade estilística, bandas a descubrir, nada de aglomeracións, proximidade cos artistas e un ambiente familiar. E se aínda dubidas en probar ou repetir a experiencia do Felipop, tes máis información no blog e no facebook correspondentes.


Felipop Edición XIX, Parque da Hortiña,Limodre, Fene.
venres 21 de xullo
21:30h: BIFANNAH (Galicia)
22:30h: FOGBOUND (Galicia)
23:45h: SALTO (Madrid)
01:00h DAVID HOOPER & RESURRECTED SOUL (USA)

sábado 22 de xullo
13:00h Sesión Vermú MALDITOS BASTARDOS (Galicia)

21:30h: ESPIÑO (Galicia)
22:30h: LOS ESTANQUES (Cantabria)
23:45h: ZODIACS (País Vasco)
01:00h: BUGUIBÚN (Madrid)

Como cada ano haberá camping gratuíto para @s asistentes e sesións "afterhours" abertas unha vez rematados os concertos.

Pepe Cunha, 17-xullo-2017




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo