portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
espiño "I"


Chega o proxecto máis recente e persoal de Alfonso Espiño, un popeiro de pro ao que coñecimos desde Compostela coas bandas Los Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales. Ao gañar na segunda edición de Galicia Creativa, iniciativa da Fundación SGAE, edita este mini álbum reflexo das súas filias arredor das diferentes tendencias do pop: psiquedlia, pop art, rock progresivo, folque ...

"I" é unha carta de presentación ben agradábel en seis cancións compostas, escritas e arranxadas por el mesmo e interpretadas pola banda que o acompaña ao vivo: Alexandro González (teclados, metalófono e coros), Brais Sánchez (guitarras eléctricas e coros) e Curro Marcos (batería). Mais tamén conta con achegas acaídas do grande Quim Farinha aos violíns e Álvaro Crego Deán nas trompas e trompetas.

A grosso modo, a primeira parte ("Rebobina", "Sen dúbida, Florinda" e "O dourado danzar" ) ofrece as pezas máis directas e luminosas, mentres que na segunda ("Louro", "Ovni sobre o Val do Ubra" e "Engaiolante enfeitizante") retórcense máís na experimentación, os recunchos e unha ornamentación máis propia do progresivo. Animo a profundar baixo esta xeralización e degustar os matices, que non son poucos. Como o autor expresa, "Unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará galedelia".

Pepe Cunha,7-xullo-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo