portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
29/08/2017
Todo o país e máis de 30 artistas celebran en Compostela o legado artístico de Fran Pérez, Narf
28/08/2017
música na "Festa Cidade Europea do Viño" o 9 de setembro en Cambados
25/08/2017
Kepa Junkera & Sorginak "Maletak"
22/08/2017
Esta fin de semana en Monterroso, o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa
15/08/2017
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto
14/08/2017
chega unha nova edición do V de Valarés, no Concello de Ponteceso
Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017


nota.

Onte mércores 5 de xullo ás 12 h no mercadiño semanal de Rianxo (praza Castelao) presentouse a Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017 cun concerto ambulante a cargo de Ariel Ninas e Suso Xestal. Estiveron tamén os mestres internacionais deste ano R.T.Taylor e Brian McCoy dos Estados Unidos.


Zona da Zanfona, o encontro internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XIII edición co apoio do Concello de Rianxo, promotor desta iniciativa. Logo do suceso do ano pasado, mantemos as datas de verán para desenvolver un programa para todos os públicos, aquelas persoas curiosas no instrumento que queren achegarse a el ou que o descoñecen, músicos especialistas e audiencias de lecer que buscan os solaz na escoita deste fabuloso instrumento. Desde aCentral Folque levamos máis de quince anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual.

Galiza está na vangarda europea en canto á variedade de estilos, proxectos diferentes, mestres ensinando e alunado aprendendo que nos últimos anos ten visto un crecemento exponencial, envexado noutros puntos da Península e do continente. Cada vez é meirande o número de persoas practicando, aprendendo e construíndo a un alto nivel. A ZdZ ten sido un importante revulsivo para que isto acontecese, achegando até Galiza os referentes europeos que revolucionaron a zanfona nos últimos trinta anos. Nomes coma Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, MAtthias Loibner, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller, Adrià Grandia, Germán Díaz … ou os luthieres e investigadores Jaime Rebollo, Xulio Gª Bilbao, Luciano Pérez, Pablo Cid, César Loureiro,… teñen estado nos últimos doce anos na Zona da Zanfona.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo