portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/04/2018
Arranca hoxe en Santiago de Compostela, o noitiNHas MUSIC
19/04/2018
54 finalistas optarán aos V Premios Martín Códax da Música
16/04/2018
Bakin" Blues Band "Ten Long Years"
13/04/2018
hoxe venres 13 de abril edítase "Fios de ouro no ár", o novo disco do arpista Rodrigo Romaní en formato trío
13/04/2018
Berri Txarrak, Gatillazo, Muchachito e Che Sudaka súmanse ao SonRías Baixas 2018
11/04/2018
Elas Son Artistas. 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade
paulo silva trío "mae"


Este brasilego de Salvador da Bahía debuta co seu trío de jazz desde esas batería e percusións coas que o terás visto tocando con infinidade de artistas da Península. Aínda que sabiamos que toca e grava diferentes estilos (funk, soul, blues, reggae, hip-hop, rock, pop, bossa-nova, ritmos afro-brasileiros e doutras partes do mundo...), a súa faceta “propia” enfócase máis ao jazz, onde convive con Alberte Rodríguez no contrabaixo e a guitarra de Valentín Caamaño. "Mae" é o debut "de seu" tras 20 anos adicado á música (a metade morando entre nós) e en continua formación en seminarios e cursos.

Estas 8 pezas divídense equilibradamente entre composicións propias (dúas de Rodríguez, unha de Silva e outra de Caamaño) e versións máis ou menos coñecidas: a fermosa "Body and Soul" (Johnny B.Green), "Funk in Deep Freeze" (Hank Mobley), "Birk Works" (Dizzy Gillespie) e "Isfahan"(Duke Ellington). Os 3 instrumentos compleméntanse con naturalidade, con cadanseus momentos para brillar en solos, como a percusión de “Birk Works”, a guitarra de “6:26” ou o contrabaixo en "Viagem". Sirvan só como exemplos dun disco onde cada ouvinte irá descubrindo moitos máis momentos.

O resultado global é un disco de jazz asequíbel, que xa atrapa no comezo coa estupenda "6:26" e contén momentos tan relaxados como "Quatro" ou até bailabeis como "Viagem". Os ouvidos menos afeitos poden procurar neste álbum unha música ben agradábel, por riba de prexuízos ou clichés. Non é un jazz dese moi experimental ou para erudit@s. "Mae" resulta reconfortante como o sorriso de Paulo Silva nos palcos.

Pepe Cunha, 20-xuño-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo