portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
16/11/2017
Magín Blanco presenta "Camiños"
09/11/2017
O TAC presenta "Inger mi calices" escrita por encargo para esta ocasión por un dos compositores nacionais de máis grande proxección internacional, Fernando Buide Del Real.
09/11/2017
Eladio y los seres queridos “Historias de caza”
07/11/2017
Bolboreta "Vuelo"
31/10/2017
Mordem "Fragments to Dominate the Silence"
30/10/2017
Ainhoa Arteta e Estrella Morente ofrecen un concerto de Nadal o 26 de decembro en Compostela
O Festival Agrocuir adica a súa 4ª edición á loita do colectivo trans e á defensa do bosque autóctono


nota.

Monterroso acollerá a última fin de semana de agosto un completo programa de actividades, no que destacan as actuacións de Mercedes Peón, Rodrigo Cuevas, Tanxugueiras, Radio Cos e Silvia Penide
A última fin de semana de xullo haberá unha Festa Agrocuir, con proxeccións de cinema LGTBQI, arte de rúa, formación sobre feminismos, ruralidades e comúns e o concerto de Fresquiños

Os días 25 e 26 de agosto terá lugar en Monterroso (Lugo) o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa, adicado á defensa do bosque autóctono e á loita do colectivo trans. Nesta cuarta edición, o festival transita dende o "agrogay" cara ao "agrocuir", nun intento de "abrir o abanico de posibilidades de existir, sen xénero que determine se es home, muller, lesbiana, gay, aldeán, urbanita, travesti, transexual, hetero ou calquera das denominacións nas que debemos encaixar para ordear, clasificar, cuantificar a cultural natureza humana". "Somos cuirs", resume Laura Halçague, "porque valoramos a liberdade de sentir, de ser o que cada un desexa".

O festival recupera, tamén, nesta edición a bandeira de oito cores, que é a bandeira orixinal que representaba o movemento LGTBIQ. "Perdéronse dúas cores polo camiño", explica Gina Gisbert, "o rosa e o azul claro, que representaban precisamente a bandeira trans". "O colectivo trans", abunda, "foi moi relegado dentro do movemento, a pesar de ser precisamente os que iniciaron a loita". Por iso, este ano o festival dedica os seus premios á visibilidade desta edición ao colectivo trans.

Monterroso converterase, así, a última fin de semana de agosto, na capital mundial do Agrocuir, demostrando, unha vez máis, que o rural galego "entende". A festa comezará o venres 25 na vila de Monterroso, coas actuacións de Silvia Penide e de Radio Cos. O sábado 26, xa de boa mañá, a Granxa Maruxa collerá un taller de baile tradicional con Gabi Reboredo e actividades lúdico-educativas coa Escola Semente, unha táboa redonda sobre a defensa do bosque autóctono e os procesos de eucaliptización tan tristemente de actualidade e a sesión vermú con Tanxugueiras. Despois do xantar colectivo na carballeira da Granxa, haberá un contacontos musicalizado coa Escola Semente, proxección final do ciclo de cine LGTBIQ a lectura do manifesto e a entrega dos premios á visibilidade e as actuacións estelares de Rodrigo Cuevas e Mercedes Peón. Pola noite, a festa trasladarase á vila de Monterroso, cos cantos de taberna e o peche na Peneda, a cargo de Moreno Moreno dj e máis sorpresas.

Unha novidade desta cuarta edición do festival será a existencia dunha Festa Agrocuir previa ao festival. Será a última fin de semana de xullo, tamén en Monterroso. Comezará o venres co concerto de Fresquiños e unha sesión de DJ"s e seguirá o sábado cun Módulo formativo do PEMAN sobre feminismos, ruralidades e comúns -que incluirá unha acción pública arredor da festa popular- e cunha intervencion mural a cargo do Colectivo Matrioska. Xa pola noite, terá lugar a primeira proxección do ciclo de cinema LGTBQI que continuará todos os sábados ata o festival.

Todas as actividaes na vila de Monterroso serán gratuítas, pero o aforo da Granxa Maruxa é reducido, polo que para as actividades do sábado 26 de agosto se venderá 1.000 entradas a 7 euros. Poranse á venda a comezos de xullo en puntos de venda por distintas vilas e cidades. Pódese seguir a información do festival a través da súa páxina de facebook:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo