portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
29/08/2017
Todo o país e máis de 30 artistas celebran en Compostela o legado artístico de Fran Pérez, Narf
28/08/2017
música na "Festa Cidade Europea do Viño" o 9 de setembro en Cambados
25/08/2017
Kepa Junkera & Sorginak "Maletak"
22/08/2017
Esta fin de semana en Monterroso, o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa
15/08/2017
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto
14/08/2017
chega unha nova edición do V de Valarés, no Concello de Ponteceso
XI Festival Alternativo Millo Verde, en Redondela


nota:

Os próximos 8, 9 e 10 de Xuño, como sempre xoves, venres e sábado, celebrarase a onceava edición do Festival Alternativo Millo Verde que este ano estreará aloxamento na "Punta" da Praia de Cesantes.
Como todos os anos o obxetivo da asociación cultural Millo Verde é converter o evento gratuito nun microcosmos de encontro lúdico para persoas de todas as idades que sexa unha plataforma onde os novos creadores poidan mostrar a súa arte, onde se potencie a música galega mesturada con músicas internacionais e que funcione como unha fiestra pola que os redondelanos póidanse asomar fóra e os foráneos poidan gozar dos atractivos turísticos, medioambientales e culturais da comarca de Redondela, e así manter o evento como unha das citas de referencia na cultura, a música e o lecer non só da provincia de Pontevedra si non de toda Galicia.

Como vén sendo habitual os espectaculos darán comezo o xoves sobre as 22 horas, coa participación este ano de tres grupos galegos "Tres por Catro", "Andhrea and The Black Cats" e "Sete Cuncas".

O venres a diversión comezará ás 4 da tarde co inicio do xa clásico campionato de basket 3x3 e a Jam Graffiti na que varios dos máis novedosos artistas callexeiros de Galicia deleitarannos cos seus trazos ao ritmo que marcan os Djs. Ás 6 da tarde poderemos gozar e participar no taller e exhibición de Danza africana a cargo de "Almafridanza" que virá acompañado dun grupo de percusión en directo. A música xa non nos dará tregua, por que entre as 19:30 e as 21:30 teremos a posibilidade de presenciar os concertos de "Antón Ke" e dos británicos "Echo Town" que servirán de aperitivo aos concertos da noite do venres, que a partir das 22:30 contarán coa presenza dos gañadores do concurso de maquetas "Komodo", os alemáns "Alice Francis", os
portugueses "Throes The Shine" e os galegos "Fanfarria Taquicardia" para terminar.

O sábado o entretenimiento madrugará aínda máis, xa que ás 13:00 horas dará comezo a "SesiónVermú" cos concertos primeiro de "Sofía Espiñeira" e logo de "Tatán Chapeu". Xa pola tarde, a iso das 4, continuarán as eliminatorias do "Basket 3x3" e a "Jam Graffiti" acompañadas por unha actividade xa mítica do festival, o "Escalabirras" e unha novidade deste ano a "Yincana Millo Verde", nos que poderán participar grandes e pequenos. Todo isto estará amenizado polo colectivo de DJs "Brigada AM SounsSystem" Entre as 17 e as 18 horas os integrantes da emisora Radio Polorri emitirán un programa en directo con entrevistas a varios dos artistas do festival e en canto termine arrincará o primeiro concerto vespertino a cargo do cantautor morracense "Samu Acaracán". Despois a escea chegará de mans do grupo teatral "Teatro ó Cubo" cun espectáculo para todos os públicos titulado "Ghop".

Para acabar a tarde e como preludio para o prato forte da noite teremos o concerto do grupo redondelano "Retroblues" entre as 20:30 e as 21:30.
Os concertos nocturnos empezarán como o venres ás 22:30 e correrán a cargo dos galegos "Sokram", os británicos "Echo Town", os portugueses "Kumpania Algazarra" e os tamén galegos "Skandalo GZ" que concluirán o festival.

Por segundo ano, organizarase unha recolleita de alimentos non perecederos durante os tres días do festival para axudar aos máis desfavorecidos e que este ano será entregada á FundaciónProvincial Banco de Alimentos. Como sempre a entrada ao festival será totalmente gratuita, haberá servizo de buses a 1 euro desde o centro de Redondela para quen non queira levar o coche. Tamén contase con servizos como zona de aparcamiento, e debido ao cambio de localización a acampada a xestionará o Camping de Cesantes que fará prezos moi asequibles para os usuarios do festival.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo