portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
17/07/2017
"Facer un festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes durante case 20 anos merecería un Grammy latino polo menos." Luis Íñiguez, Felipop.
13/07/2017
Un gran espectáculo musical galego-cubano liderado por Alejandro Vargas e Rosa Cedrón celebrará ao compositor Chané
08/07/2017
O Festival Terra da Fraternidade acollerá artistas de tres continentes en conexión con músicos do país
07/07/2017
espiño "I"
06/07/2017
Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017
22/06/2017
o festival +QueJazz presenta a súa cuarta edición con catroce citas melómanas na Coruña
Madeleine Peyroux no Auditorio de Ferrol, 19-maio-2017


Co fin de se reinventar ou daren un pequeno xiro á súa proposta, moit@s artistas procuran novos formatos para discos e xiras. Madeleine Peyroux, unha das máis notabeis vocalistas deste século na órbita do jazz, blues e folque, visitara Galiza hai 4 anos co instrumentalmente suntuoso “The Blue Room”. Desta vez a visita galega foi ao Auditorio de Ferrol co seu sétimo álbum, o máis íntimo e acústico “Secular Hymns”. Gravado nunha igrexa e cun formato de trío, resulta ben acaído a tempos de estreiteces económicas e caxés axustados. Mentres a calidade do produto se manteña, será un atractivo gozarmos dos seus concertos.

Os acompañantes da vocalista no concerto gravado e na xira son Jon Herington e o contrabaixista Barak Mori, dous músicos de categoría con base en Nova Iorque que agradaron á audiencia coa súa elegancia e mestría interpretando jazz, blues, pop, rock e o que se poña por diante. O complemento perfecto para unha protagonista que se distingue sobre todo polas súas adaptacións case sempre notabeis e sobresaíntes de cancións alleas, sexan tradicionais ou contemporáneas. No seu repertorio en Ferrol levou a este formato acústico composicións de Tom Waits, Leonard Cohen, Chuck Berry, Randy Newman, Sister Rosetta Tharpe, Allen Touissant, Willie Dixon ... con naturalidade, acorde co formato espido e a proximidade. Máis esa complicidade de salón de casa pode non saír sempre ben, se se abusa da relaxación ou a condescendencia.

Facer por se dirixir á audiencia -“chuleta” mediante- en castelán ou galego, é un detalle para agradar, pero cantar en castelán (versión de Facundo Cabral) ou portugués (“Água de beber”) non lle permite convencer na interpretación. Aquí fallou,porque non chega coa elección de cancións magníficas e a súa voz fermosa para ser grande. No canto da simpatía, as bromas a Trump en “Hello Babe” resultaron, pero non tanto a “Gettin” Better” de Lennon e McCartney coa que quixo combater a súa imaxe de melancólica. Porén, estes momentos punctuais non deben emborraxar un concerto onde predominou a brillantez. Son un "pero" dalguén que repetía.

Estivo mellor cando a acompañaban os músicos -perfectos nos coros tamén- que nas dúas ou tres pezas en solitario, pois aínda non é unha guitarrista moi solvente. Ademais da súa voz, uns solos estupendos (en especial en “Careless Love”), e momentos fantásticos como os coros en “If the Sea Was Whiskey” ou “Shout Sister Shout”, as recreacións de Chuck Berry, Jobim ou o tema central do filme “Casablanca” ... Do que non quedou dúbida é que a voz da Peyroux madura ben cos anos e que canta cunha naturalidade abraiante. E se sumamos a elegancia dos seus acompañantes, un concerto dos que se gardan.

Pepe Cunha, 23-maio-2017


"(Getting Some Fun) Out of Life"
"Hello Babe"
"Tango Till They"re Sore"
"Guilty"
"Our Lady of Pigalle"
"If the Sea Was Whiskey"
"Don"t Wait Too Long"
"Getting Better"
"You Can"t Catch Me"
"No soy de aquí ni soy de allá"
"J"ai deux amours / New Orleans HopScop Blues" / Trampin" "
"Easy Come Easy Go Blues"
"Shout, Sister, Shout"
"Everything I Do Gonh Be Funky"
"Água de beber"
"Dance Me to the End of Love"
"As Time Goes By"
"Careless Love"






Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo