portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
23/12/2018
Ilegales no Auditorio de Ferrol, 22-decembro-2018
17/12/2018
WOS Festival x SON Estrella Galicia, entre os 10 finalistas a mellor festival indoor de Europa por segundo ano consecutivo
04/12/2018
O sector musical será feminista ou non será. Durante dous días a cidade da Coruña acollerá unha xornada sobre a situación actual na industria musical
29/11/2018
nace A Coruña Respira Música, a semana adicada ás Músicas ao Vivo
29/11/2018
Ezetaerre "Pólvora e tormenta"
28/11/2018
Espiño ó festival SUNS Europe (Italia).
John Smith, peche de luxo para o Son Aloumiños. Ferrol, 10-maio-2017


O británico John Smith foi o encargado de pechar a primeira edición dun ciclo de concertos íntimos, en formato reducido, que trouxo ao Concello de Ferrol artistas internacionais recoñecid@s pola crítica e alonxad@s de grandes audiencias.

Un guitarrista magnífico, requerido por vocalistas e compositores con nome na "escea alternativa" e que desde hai uns anos tamén conta cunha carreira en solitario que o sitúa coma herdeiro de nomes referentes do folque británico coma John Martyn, John Renbourn ou Nick Drake. Así o demostrou onte coa súa actuación, cálida, próxima e virtuosa, na antiga capela do hospital de caridade.

Agasallounos con adiantos do seu inminente disco "Headlong" coma a canción homónima ou a irresistíbel "Too Far Good", temas do álbum de hai uns anos ("Freezing Winds of Change", "Perfect Storm", "There is a Stone", "Great Lakes" ... ) e mesmo un chisco ao "Tupelo Honey" de Van Morrison. O momento final percutindo na caixa e cordas da guitarra foi para gardar na memoria, ao igual que a súa voz con area fina, a súa técnica percutiva e un dominio case natural das cordas que renderon o centenar de asistentes.

PepeCunha, 11-maio-2017







Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo