portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
28/03/2017
Os gañadores do XIX Concurso de bandas de Cuac FM actuarán no Noroeste Estrella Galicia
27/03/2017
a Radio comunitaria da Coruña CUAC FM cumple 21 anos
15/03/2017
A Casa das Crechas cumpre 30 anos mañá xoves 16 e celébrao cun dobre concerto do portugués António Zambujo
13/03/2017
villanueva "zoo para dos"
17/02/2017
xa á venda as entradas para Caetano Veloso na Coruña
14/02/2017
cró! "mounstros"
A Casa das Crechas cumpre 30 anos mañá xoves 16 e celébrao cun dobre concerto do portugués António Zambujo


nota:

António Zambujo (canción de autor) - Xoves 16 (21h e 23h) 10€

ACasa das Crechas cumpre 30 anos que está a celebrar dunha maneira moi especial. Mañá xoves, 16 de marzo, día no que cumprimos exactamente 30 anos, será o gran día, cun dobre concerto da estrela portuguesa da canción, António Zambujo, que xa ofreceu concertos aquí cando nos comezos da súa carreira e a quen nos une unha estreita relación.


En 1987 tres mozos poñían a andar a nova Casa das Crechas coa idea de crear un pub diferente, con concertos ao vivo, música galega e de moitos outros lugares, e que promovese distintas manifestacións culturais. En 30 anos as Crechas convertiuse nun referencia para a cidade e para o país, pero tamén para milleiros de turistas que ano tras ano queren coñecer un local xa imprescindible no mapa compostelán. Alén disto, as Crechas converteuse nunha plataforma de lanzamento -e de relación (hoxe chamaríanlle ‘networking’)- para novos artistas galegos e tamén de aterraxe para artistas foráneos.

Este ano celebramos o seu 30 aniversario coa firme vontade de continuar sendo un referente no país, de actualizar a nosa oferta aos novos tempos e de seguir a ser a vangarda e tamén o niño dunha cultura sostible, aberta e universal.

Concerto de Zambujo

António Zambujo (Beja, 1975) é un dos máis importantes cantores contemporáneos portugueses, tendo gañado o Prémio Amália Rodrigues (atribuído pela Fundação Amália Rodrigues) na categoría de "Melhor Intérprete Masculino de Fado".

Aos seus 41 anos, Zambujo convertiuse na voz portuguesa masculina máis internacional do momento. Nas súas cancións fusiona elementos do jazz, a bossa nova, a morna, o chorinho e o cante alentexano co fado creando un estilo único.

Dono dunha “voz naturalmente musical”, como dixo o seu agora valedor Caetano Veloso, ninguén fica indiferente ao escoitalo coa súa delicadeza ao cantar, pronunciando con coidado e sentimento cada palabra co seu pausado acento alentexano.

Así o definiu Caetano Veloso: "...o que se ouve em Zambujo é algo já que vai mais fundo. É um jovem cantor de fado que, intensificando mais a tradição do que muitos de seus contemporâneos, faz pensar em João Gilberto e em tudo que veio à música brasileira por causa dele."

Aquí podedes atopar máis información:



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo