portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
17/07/2017
"Facer un festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes durante case 20 anos merecería un Grammy latino polo menos." Luis Íñiguez, Felipop.
13/07/2017
Un gran espectáculo musical galego-cubano liderado por Alejandro Vargas e Rosa Cedrón celebrará ao compositor Chané
08/07/2017
O Festival Terra da Fraternidade acollerá artistas de tres continentes en conexión con músicos do país
07/07/2017
espiño "I"
06/07/2017
Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017
22/06/2017
o festival +QueJazz presenta a súa cuarta edición con catroce citas melómanas na Coruña
villanueva "zoo para dos"


Tras a etapa en Martynez, Josete Díaz Villanueva debutaba en solitario con “Viajes de ida” (Esmerarte, 2014). O disco tivo percorrido, foi recollendo audiencia aos poucos, e agora ten unha continuación que mantén aquel carácter propio e identificativo á hora de compoñer e interpretar. Tamén repite a produción atinada de Ángel Lujan, pero desta vez arrédanse do ton máis ben escuro e certa uniformidade sonora. Canda músicos como Ramiro Nieto, Martí Perarnau, Martiño Toro ou Iago Reigosa entregan unha colección de cancións máis luminosa e optimista, máis ecléctica.

“Esto aún puede ir a mejor” é a frase que comeza o disco e lanza a idea de autoconfianza que se manterá até o final. As letras sobre amor, sentimentos e relacións en xeral xogan con equilibrio nesa dualidade do carácter espido e enigmático. Na parte musical, supera o reto de encaixar con aparente soltura un importante abano de influencias pop. Conségueo dándolle a cada canción o seu, a base de melodías, arranxos vocais, detalles de sintetizadores ou riffs de guitarra e sempre cunha base rítmica impecable. "Un picnic en suelo mojado" ou "Ella" deberían ter a atención que merecen nese circuito "indie-stream", pero xa sabemos como vai isto das modas e ter ou non padrinos. Non fallan momentos cunha certa dose de experimentación, como o toque tribal das percusións e guitarras máis sucias en “Soy de las buenas” ou o ar de bossa-nova e Josete retándose coma vocalista en "Camaleón”. “Invisibles” é puro pop cos coros femininos e un retrouso marcado, “El día que tú no estabas” ou “El jardín de las delicias” tiran máis cara ao indie-rock e “¿Quién podrá apagarlo?” á balada.

“Zoo para dos” é un álbum consistente, que non vai rachar con esquema ningún, pero pode presumir dunha factura notable, convincente e probablemente máis cancións de mérito que a media estatal. Villanueva semella seguro e non se preocupa por agradar a todo o mundo, o que non significa en absoluto que este disco estea alonxado dunha comercialidade potencial. Se gustas especialmente das cancións con personalidade, aquí hai varias.

Pepe Cunha, 18-abril-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo