portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
07/08/2018
Marem Ladson "Marem Ladson"
02/08/2018
O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu
02/08/2018
Uxía e Rodrigo Romaní encabezan a delegación galega dun Interceltique que en 2019 pode ter sabor galego
31/07/2018
festival Sinsal de San Simón, crónica do venres 27 e sábado 28 de xullo de 2018.
30/07/2018
O Feito a Man regresa do 1 ao 26 de agosto cunha 15ª edición con case 70 espectáculos
13/07/2018
hoxe comeza a 34º Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia, con Pippo Delbono, Blind Summit Theatre, Laila Rippol, Marianella Moreno, A Panadaría ...
quant "handmade, homemade"


A este significativo título ('A man e na casa') ben poderiamos engadir "self-made" ('feito a si mesmo'), porque este segundo álbum de Quant é o froito dun par de anos de traballo controlado na súa totalidade por Óscar e a súa aprendizaxe coas técnicas de gravación. Polo contrario, "New Adventures in Full Colour" constituíra unha compilación de pezas compostas e interpretadas durante uns anos cun concepto de banda máis e menos esporádica. Daquela época consérvanse elementos característicos como a paixón polos retrousos e as harmonías vocais, a voz de Boy Elliott en moitas pezas, a paixón polo pop clásico, sixtie, duns Beatles ou Beach Boys, o power-pop duns Teenage FanClub, e a querencia pola temática pop da inmediatez, fugacidade, escapismo ou "as luces brilantes e o verán" que menciona en "Asbury Park". Non obstante, ao convertirse nun proxecto de seu e gravado no propio estudio caseiro, reflicte máis as ideas, obsesións, impulsos ou debilidades do autor, tanto no son que se procura coma nos textos que se expresan. Estes transmiten un punto de cambio, con algunhas letras máis maduras ou reflexivas ("Gone in the Blink of an Eye"), persoais ("I Hope He's Happy Now") e mesmo combativas ("Revolution Starts Today", "Noam Chomsly Said" ...). No que se refire á interpretación e produción, Óscar debeu pensar que quen mellor que un mesmo para acadar o resultado desexado e así, cheo de ilusión por ir aprendendo, se atreve con gran cantidade de instrumentos. Como é normal, hai limitacións e necesidades que escapan á súa mestría na execución e aí recorre a colegas para suplilas. Así de paso ábrese a fiestra do estudio Sausalito a algunha opinión aproveitable, porque nalgún momento todos necesitamos que se nos achegue claridade desde fóra. No caso deste álbum existe unha clara inclinación á superposición de información sonora que de principio pode abafar os ouvidos menos afeitos. Mais non se preocupen, que a media hora de composicións propias e unha moi ben escollida e adaptada peza de Neil Young ("Winterlong”) agradecen darlle de novo ao play e as cancións van enganchando máis cedo que tarde. Proben senón con pezas tan diferentes e logradas como "While You Were Sleeping By My Side", "Half Remembered Fairytales" ou "Magic Tricks". Para completar o formato físico, o digipack conta cun bonito deseño de Nieves Girón e Marisa Guerrero e aparece editado por Rock Indiana, discográfico con gusto pop onde as haxa. Por certo, a editorial de discos e libros Quequeres estréase con esta referencia. A ilusión pop e o "faino ti mesmo" agroma desde Ferrol.
Pepe Cunha, 30-dec-2011




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo