portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
23/05/2017
Madeleine Peyroux no Auditorio de Ferrol, 19-maio-2017
23/05/2017
o sonoro maxín "setedezasete"
11/05/2017
John Smith, peche de luxo para o Son Aloumiños. Ferrol, 10-maio-2017
01/05/2017
Un inmenso Caetano Veloso apresentou Teresa na Coruña, 30-marzo-2017
09/05/2017
moon cresta "moonary"
11/04/2017
Luz Casal presentou na sede da Fundación Paideia (A Coruña) a sexta edición do Festival de la Luz.
cró! "mounstros"


Este cuarto disco vén reafirmar a banda viguesa coma un referente do circuito independente ou "underground", entendendo isto no senso do "faino ti mesmo". Aquí a independencia na edición, a liberdade creativa e a experimentación están por riba de todo, así que non confundir cpas propostas agrupadas arestora coma "indie", de modas e con padriños colocándote onde debes estar. A Cró! hai que achegarse e ter curiosidade,pois e se achega a súa é unha proposta complexa, de estilos menos frecuentes ou asequibeis, coma o math-rock, o kraut ou o progresivo, pero tamén algunha pinga doutras tendencias dentro do rock coma o grunge ou o metal duns Tool. Porén, e malia ter a sensación de non entenderes toda a mensaxe, non te arrepintes de arredar esa barreira cara o menos coñecido.

O cuarteto vigués consolidan a fórmula dun disco de só media hora pero ben intenso e gravado ao vivo no estudio. Non tiran de recheos ou experimentacións sen depurar, das que de seguro andan sobrados, e conseguen encauzar esa fervenza de ideas nas guitarras, sintetizadoras, baixo e batería. A evolución apuntada no anterior "Pera" cara un formato máis recoñecible de canción segue aquí ( o single adianto "Videovigilada" é exemplo claro ) e agora achegan maior presencia do castelán e o galego; de feito, esta "Zapruder" paréceme do máis logrado do disco canda "Clawdia". Tamén destaca o final instrumental homenaxe aos desaparecidos Unicornibot: “UniCró!nibot”, cheo de xogo na base rítmica e experimentación, e non falta unha referencia en riff aos míticos King Crimson en “PDF”.

Moitos poden plantexarse o reto de se mergullar neste caos de xogos, influencias e experimentación, pero saír vitoriosos é outra historia. Cómpre a pericia e mente aberta de catro músicos coma estes: Rubén Abad (guitarra), Xabier Núñez (teclados), Cibrán Rey (batería) e David Santos (baixo). Por certo, resultan ben interesantes os comentarios a cada canción no seu bandcamp. O disco está co-editado por Nooirax, La Choza de Doe e o colectivo vigués Metamovida, onde podes atopar noutras bandas os membros de Cró! :Trilitrate, Es un árbol...

Pepe Cunha, 14-febreiro-2017



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo