portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
29/08/2017
Todo o país e máis de 30 artistas celebran en Compostela o legado artístico de Fran Pérez, Narf
28/08/2017
música na "Festa Cidade Europea do Viño" o 9 de setembro en Cambados
25/08/2017
Kepa Junkera & Sorginak "Maletak"
22/08/2017
Esta fin de semana en Monterroso, o 4ª Festival Agrocuir da Ulloa
15/08/2017
A aldea de Saumede acolle o VII Festival Ao Compaz o 18, 19 e 20 de agosto
14/08/2017
chega unha nova edición do V de Valarés, no Concello de Ponteceso
reserva unha camisola orelluda do XX aniversario


En 1997 naceu un programa de radio bautizado como "Ábrete de orellas". Non había maiores intencións que ofrecer unha hora musical na emisora universitaria ferrolá Radio Kaos para escoitar músicas sen cinguirse a un estilo concreto.

Quen ía pensar daquela que chegaría a se converter no proxecto que agora coñeces?! Nestes anos, Ábrete de orellas foi coñecendo máis e máis propostas ao tempo que compartía esa aprendizaxe e ía colaborando en xornais, televisión, noutras radios e consolidándose coma un proxecto de seu na Internet e, a través de Rádio FilispiM, na Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias.

Polo seu labor de divulgación de concertos no país e, en especial, das músicas feitas aquí, Ábrete de orellas obtivo en 2016 o Premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación musical.

Agora queremos celebrar todo isto cunhas camisolas nas que lucir esa recomendación a gozarmos da variedade e rachar cos prexuízos limitadores. Xa sabes, "Ábrete de orellas" e fachendea.

Se queres encargar unha camisola, escrebe a abretedeorellas@gmail.com co asunto "camisola orelluda" indicando modelo e talla.
Os prezos son de 10 euros polas de manga curta e 12 polas de manga longa. Nunhas semanas estarán na nosa redacción.


Aquí tes as medidas do fabricante para afinares na talla

MOZO manga curta, dispoñible en gris e celeste:
Tallas - Ancho x longo (cm)
S 48x62
M 52x66
L 56x70
XL 60x74
XXL 64x78

MOZO manga longa, dispoñible en celeste
Tallas - Ancho x longo (cm)
S 48x60
L 55x68
XL 59x72
XXL 62x76


MOZA manga longa, celeste:
Tallas - Ancho x longo (cm)
XS 36x57
S 39x59
M 43x61
L 46x63

MOZA manga curta, celeste:
Tallas - Ancho x longo (cm)
XS 34x50
S 37x53
M 40x56
L 43x59







Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo