portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
15/10/2019
Caniche Macho "Venganza"
13/10/2019
Jorge Drexler volve sorprender con "Silente". Pazo da Cultura de Narón, 12-outubro-2019
09/10/2019
Sabela King and the Heartbreakers
04/10/2019
Óscar Fojo "De ventos e lúas"
03/10/2019
"Liberar as arterias" será o título do vindeiro disco de SES
20/09/2019
Familia Caamagno “Había que intentalo”
sonia lebedynski "deserto de centos"


Había runrún e expectación no mundiño musical galego polo debut como autora en solitario de Sonia Lebedynski. A súa voz formouse desde moi nova e consolidouse como profesora de canto e colaborando nun feixe de proxectos ao vivo e en disco, sendo os anos coma “front-woman” da formación Fía na Roca os que lle deron máis visibilidade. Así, o tradicional e o folque teñen o seu peso na artista e neste disco, pero a intención semella a de achegar un espectro máis amplo e reflectir tamén a querencia por estilos como o pop, funky, música brasileira e mesmo jazz latino. A escolla de Sérgio Tannus para a produción casa totalmente con este fin.

Os anos de preparación e a dirección musical do músico brasilego remataron por aunar ese manexo versátil da voz, doce e potente, cun coidado sonoro estupendo grazas á arte de músicos coma Carlos Freire, Roberto Comesaña, Martiño Domínguez, José Manuel Díaz, Manuel Paino, Jose Luis Miranda ... e o propio Tannus. Na parte creativa, ademais de composicións da propia Sonia, atopamos adaptacións efectivas de tradicionais (“Baila queridiño” e “Alumea”), poemas (a dozura de Manuel María en “Miña doce amiga” co piano de Alberto Vilas) e colaboracións de nomes recoñecibeis en letras, músicas e arranxos: Xosé Lois Romero (as salientables “Para que?” e “Paraíso de sal”), Guadi Galego (“Viaxe astral”), Uxía ou Óscar Losada.

“Deserto de centos” resulta un debut moi digno, notábel, que trata sentimentos diversos sen caer no edulcoramento, sexan amorosos, poéticos (“Inventario do prohibido” de Luz Campello) ou de gozo da natureza (“Paseo polo areal”). En xeral amable (ou maduro, que se di as veces), contén as súas pingas de sorpresa e risco expresadas con comedimento en cancións sempre nos 3-4 minutos. Polo pronto repasémolo de principio a fin, pois ofrece momentos que degustar por padais diferentes. Agardemos ver como se defende nos concertos e que teña continuación. Entrementres, coloco a tamén elegante presentación física nas baldas da discoteca canda os discos de Guadi Galego (mesmo o single “Cen miradas” remata o retrouso cun “chea de vida”).

Pepe Cunha, 26-maio-2016
Edita Sonaxe Records.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo