portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
14/06/2019
The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock e Paul Collins, novas confirmacións do Noroeste Estrella Galicia 2019 e cancelación de Jello Biafra.
01/06/2019
Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz
07/06/2019
Holywater “Arboreal”
04/06/2019
Santero y los muchachos “Rioflorido”
los radiadores “gasolina, santos y calaveras”


A banda valenciana liderada por Raúl Tamarit presentouse co mini-LP “Bienvenido” en 2011 e consolidou a súa presenza dous anos despois co “Manual de supervivencia”. Lembran tanto a influencias clásicas que até semella que o tópico de "o terceiro traballo como confirmación" resulta ben acaído para un ”Gasolina, santos y calaveras” tamén editado con Bonavena Música, selo “a pachas” con Manolo Bertrán (Doctor Divago). Se a veteranía é un grao, aquí hai galóns de convicción e solvencia.

A banda consolida as súas coordenadas estilísticas e compenetración; só cambia ao baixo coa entrada de Sergio Domínguez. Para plasmar ese son veraz, de directo, presentado desde o acople inicial, repiten en El sótano con Dani Cardona aos mandos da gravación. Se Ilegales cantaban “Tiempos nuevos, tiempos salvajes” e “Destruye”, Los Radiadores fano de “Tiempos de destrucción”, amosándose conectados aos tempos que vivimos. Tamarit, guitarrista e vocalista, asina todas as cancións agás unha versión ben lograda (chisco a "Ziggy Stardust" incluído) de “El hospital” de Canut e Berlanga en tempos Pegamoides. As letras, pouco ou nada esclavizadas pola rima, falan do desencanto, sexa social e emocional, pero “Sin dejar de sonreír.”

Como xa comentabamos do anterior traballo, vencéllanse a eses 80 hispanos de serie B ou subterráneos (Burning, Enemigos, Parálisis Permanente, 091, Lagartija Nick... ) e as súas influencias (pub-rock, os primeiros The Clash, a escuridade duns Cramps, Iggy Pop and the Stooges, Lou Reed, Ramones ...). Fan un rock inmediato que conecta co asfalto e o barrio, cru, nada panfletario pero rabioso. O repertorio móvese entre os extremos estilísticos e de duración (media hora para 10 cancións) de “Un nuevo simperio”, veloz e inmediata, e o peche dunha “Círculos concéntricos” que tira dos teclados de Dani Cardona na procura de aires psicodélicos e un chisco máis de complexidade.

Pepe Cunha, 27-febreiro-2015



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo