portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/05/2022
Os abonos do Sinsal SON Estrella Galicia 2022 sairán á venda o vindeiro xoves 26 de maio
18/05/2022
Holgado "O fillo de Suso"
12/05/2022
Ilegales, J. P. Bimeni, Al Dual, De Vacas e Adrián Costa Blues Band actuarán no FiBE 22
11/05/2022
A artista canadense Kee Avil, a banda chilena Newen Afrobeat e a artista española Verde Prato conforman o regreso do ciclo Liberdades Sonoras a Lugo
04/05/2022
Devalo "Luz / sombra"
26/04/2022
A 6ª edición do Jazz de Ría terá escenarios en Narón, Neda e Cedeira
hugo arán "anuario"


Coincidindo coa súa primeira xira por Galiza, este cantautor de Sabadell fainos chegar esta carta de presentación. Non se trata do seu primeiro disco porque nos seus anos en Granada formara canda Pablo Acevedo o dúo Tato Azevedo, que editou “Sordo”. Mais agora estamos ante unha aposta en solitario na que non agocha unha paixón especial polas fontes brasileiras (bossa nova, baiâo, zamba ...), cuxas latitudes visitou talvez devecendo por atrapar un chisco da maxia de Chico Buarque, Marcio Faraco ou Antonio Carlos Jobim, De seguro, a súa aprendizaxe coa guitarra veu da man destes referentes. "Los límites del hombre" é un exemplo clarísimo. Iso si, un é de onde é e a mediterraneidade tamén agroma no seu traballo.

"Anuario" xa de primeiras ofrece unha voz doce, cálida e unha produción notable (Aure Ortega e Carlos Narea). Deseguido, un lirismo de observador sensible e atento sumado á presenza de músicos de distintas pelaxes contribúe a desmarcalo desa escea de cantautores con letras e lugares demasiado parecidos. Non é que sexa totalmente alleo a ela pero o resultado arrédao do tedio que causan Ismael Serrano e similares e apunta máis á maior musicalidade de Jorge Drexler ou Pedro Guerra, cos que comparte a devoción por ritmos populares latinoamericanos e esas pingas de jazz que desprenden os músicos que axudan vestir máis as cancións.

Sen ser desas que atrapan inmediatamente (moitas veces un bo sinal), cancións como "La siesta", "Hemisferios", "Partido en diferido", "Última hora" ou "Fea" van calando e crean expectativas agradables dunha carreira por crecer. Sen présa pero sen pausa, como as súas cancións.

Pepe Cunha, 18-setembro-2014



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo