portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
03/12/2019
Cristina Pato organiza este xoves unha mesa redonda na Universidade de Nova York sobre as linguas minoritarias en España
02/12/2019
J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”
28/11/2019
Mermelada “Memorias de un tren” (1979-1994)
18/11/2019
Guadi Galego presentou a súa nova "Immersion" na Sala Capitol, 15-nov-2019
13/11/2019
Dani Flaco "Al alimón"
28/10/2019
Guadi Galego "Immersion"
nicolás "poetas y motocicletas"


Vivimos tempos de resistentes, de compromiso artístico i estético. Case ningún valor é seguro de éxito e menos aínda dun mínimo de vendas, así que as discográficas apenas apostan por músicos con personalidade de seu, malia a súa calidade ou traxectoria. Neste contexto situamos a proposta de Nicolás, Nicolás Pastoriza, o ex de Bromea o qué?, La Marabunta e, xa nesta era de total revolutum, Ectoplasma.

Afortunadamente, dentro dos artistas que si gozan de certo éxito (aínda venden discos, enchen salas e son contratados por festivais e administracións) hai quen aproveitan para se involucrar e apoiar outros valores, non só novos. No caso que nos ocupa é Iván Ferreiro quen volve animar a Nicolás desde a produción e tocando as teclas de piano e sintetizador. Completan a banda da gravación, Martiño Toro, Daniel Díaz e Amaro Ferreiro, que axudan envolver os textos de certo aire psicodélico e influencia de álbumes clásicos dos dourados 60. Porén, ás veces abusa da narrativa en detrimento do retrouso e cunha voz algo tapada pero, iso si, non faltan os pequenos arranxos ben colocados, dando brillo aquí e aló.

Tras escoitar varias veces esta colección, reencontrámonos coas composicións de pura escola de autor pop, escritas por todo un admirador de mestres das historias feitas canción como Ray Davies (The Kinks), Neil Hannon ou Nick Lowe. Coma eles, desde a correspondente subxectividade observa e vive a vida, atopa inspiración nela e reafirmación ou complicidade noutras manifestacións artísticas aparte das musicais (series televisivas, películas ou literatura). “Ojos Gris metalizado” é sen dúbida unha das súas mellores composicións de sempre, pero tamén salientaría “M.I.L.F.” ou “Poetas y motocicletas”. Non falta as súas referencias á ciencia-ficción en "Plutón" ou "Basura espacial".

Búscao acompañando a xira de Iván Ferreiro e en calquera pequeno local interpretando as súas cancións e homenaxeando a tradición pop.

Pepe Cunha, 23-outubro-2013

Ao igual que o anterior “El niño con la raqueta en el espejo", na súa web podes escoitar e mercar este traballo autoeditado en CD ou vinilo.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo