portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/08/2022
Manuel Seixas “O estraño karaoke do home bata”
04/08/2022
Crónica orelluda do X SinSal de San Simón, 22-23 e 24 de xullo de 2022
03/08/2022
Ukestra do Médio "Histórias cativas"
15/07/2022
O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2022 amplía as actividades paralelas con exposicións, charlas e paseos guiados pola illa de San Simón
07/07/2022
Capercaillie & RFG, Pongo, Chico César, Maruja Limón, Antía Muíño e Guadi Galego, entre as primeiras confirmacións do festival Maré 22
05/07/2022
Skyhooks "Bloqueo y continuación"
Este sábado20 en Betanzos: sesión vermú con Heredeiros da Crus, Factoría de Subsistencia, Xosé Touirñán, Marcos Pereiro, Pepo Suevos e Fede Pérez


nota:

Airapro celebra o seu primeiro aniversario na cidade dos cabaleiros cun evento titulado "Ola Betanzos!" no que haberá música e humor, e todo de balde!
-- Os Heredeiros da Crus tocarán algúns temas en acústico, asinarán exemplares do seu novo disco, "Jard Rock con fe" e anunciarán as datas dos seus concertos en agosto
-- Ademais doutros actores como Fede Pérez ou Pepo Suevos, participarán os fundadores da produtora, os humoristas Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro
-- Tamén actuará o dúo acústico Factoría de Subsistencia, o novo proxecto musical de Josito Porto
-- O microfestival comeza ás 12:00 e haberá mexillóns de balde coas consumicións

Un ano despois da chegada de Airapro a Betanzos, a empresa dos actores e humoristas Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán e fundada inicialmente en Carral, preséntase en sociedade na cidade dos cabaleiros. Será o sábado 20 de xullo ao mediodía, cunha sesión vermú bautizada como "Ola Betanzos!" que comezará contra as doce e se prolongará até as tres, e pola que pasarán algúns dos artistas con máis sona de Galicia, como Heredeiros da Crus, Pepo Suevos, Fede Pérez ou os propios Touriñán e Pereiro.

Será un acto informal, cun showcase dos Heredeiros da Crus encabezando o cartel. Os de Ribeira tocarán cinco ou seis temas e asinarán camisolas e exemplares do seu novo disco, Jard Rock con Fe, e ademais anunciarán varias datas de concertos en agosto. Antes da actuación de Heredeiros también tocarán en directo o dúo formado polo actor Josito Porto e Anxo Graña, baixo o nome de Factoría de Subsitencia.

O humor tamén terá o seu espazo neste pequeno festival coa presenza de Pepo Suevos, que contará algunhas das historias coas que ten feito rir en centos de locais por toda Galicia, e cos propios Pereiro e Touriñán, aos que acompañará Federico Pérez, o coñecido Josito de Padre Casares e Moncho de Era Visto! Os catro exercerán como mestres de cerimonias na praza de Pintor Seijo Rubio, a escasos metros das instalacións de Airapro na capital brigantina.

Instalaranse varias barras na praza, con venda de bebidas e mexillóns de balde con cada consumición. Todo grazas á colaboración do Café – Bar Dimi, que curiosamente cumpre tamén un ano en Betanzos.

SÁBADO 20 XULLO - OLA BETANZOS! - r/ Pintor Seijo Rubio - 12:00 - De balde
12:00 - Presentación do acto con Marcos Pereiro, Xosé A. Touriñán e Fede Pérez
12:20 - Concerto Factoría de Subsistencia
12:50 - Monóloo Pepo Suevos
13:30 - Concerto Heredeiros da Crus



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo