portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
18/06/2019
Dios Ke Te Crew "O ciclo da serpe"
17/06/2019
Los Eternos "Vientos solitarios"
14/06/2019
The Last Internationale, Anni B Sweet, Emma Pollock e Paul Collins, novas confirmacións do Noroeste Estrella Galicia 2019 e cancelación de Jello Biafra.
01/06/2019
Wilco, Stray Cats, The B-52s e The Cult son as cabezas de cartel do Azkena Rock Festival 2019. 21 e 22 de xuño en Vitoria-Gasteiz
07/06/2019
Holywater “Arboreal”
04/06/2019
Santero y los muchachos “Rioflorido”
los radiadores "manual de supervivencia"


Tras un EP e un single, chega o primeiro longa duración da banda valenciana Los Radiadores, que abren as referencias do novo selo Bonavenamúsica. Ademais do selo que o edita, este traballo amosa boa representación da escena roqueira valenciana máis constante e cunha personalidade definida: gravado e mesturado en El sótano polo produtor Dani Cardona, que achega percusións "La hora de las confesiones e coros en "Ha llegado el caos" e Manolo Bertrán (Doctor Divago) poñendo a segunda voz en "Un viejo robot".

Neste cuarteto, Raúl Tamarit, quitarrista de Una sonrisa terrible, encárgase da composición, asume a voz principal (probablemente o punto a mellorar) e comparte as guitarras con José A. Nova "El joven". Na sección rítmica Luis González Galván ao baixo e Vicente "Metralla" Vila na batería e percusións.

Estas nove cancións falan da realidade, da asimilación persoal desta, e poden sonar ás veces punk, outras noise, pero sempre viaxan da man dun rock directo, cru, denso, que sae a través de amplificadores ben altos, moi na onda daquelas bandas españolas de selos independentes dos 80: Gabinete Caligari, Derribos Arias, Glutamato Ye-Yé, Parálisis Permanente, Farmacia de Guardia ... pero tamén posteriores como Lagartija Nick ou Los Planetas.

"Manual de supervivencia" é a boa presentación dunha banda da que podemos agardar cousas interesantes pola actitude, personalidade e erudición roqueira do seu líder e os secuaces. Temas como "Un viejo robot", "La voz de los presentes", "No me achantaré" ou "Viaje a ninguna parte" testemúñano.

Pepe Cunha, 3-xuño-2013



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo