portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
17/07/2017
"Facer un festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes durante case 20 anos merecería un Grammy latino polo menos." Luis Íñiguez, Felipop.
13/07/2017
Un gran espectáculo musical galego-cubano liderado por Alejandro Vargas e Rosa Cedrón celebrará ao compositor Chané
08/07/2017
O Festival Terra da Fraternidade acollerá artistas de tres continentes en conexión con músicos do país
07/07/2017
espiño "I"
06/07/2017
Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017
22/06/2017
o festival +QueJazz presenta a súa cuarta edición con catroce citas melómanas na Coruña
os cempés "tentemozo"


Había expectación polo regreso dunha das nosas bandas folk máis queridas. Así o demostra a resposta obtida pola súa chamada ao mecenazgo ou financiación colectiva (crowdfunding): case dobran a cantidade marcada coma obxectivo para a gravación que hoxe aquí comentamos. Os seus tres álbumes de estudio - "Opa ííí" (DoFol,'96), "Capitán Re" (Do Fol, '97) e "Circo Montecuruto"('00) - e os seus concertos dentro e fóra do país eran unha recreación de pezas populares, sentido do humor e moito baile. O seu disco en directo "Moe e moa" (Discmedi, 03) xa reflectía certo cansanzo ou escuridade na banda e presaxiaba "un cese temporal da convivencia". Agora Antón Varela (gaitas), Serxio Ces (voz, bombo pandeireta e asubío) e Óscar Fernández (zanfona e voz) incorporan saiva nova á formación con Ramón Dopico (percusións), Pablo Da Lama (saxos e clarinete) e Fernando Barroso (bouzouki).

Mais non se pecha aí a billa dos novos folgos, pois este regreso conta coa colaboración das mozas e mozos da escola livre da MPG da Central Folque, esa que comezara no 2001 como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Así reivindican o labor de iniciativas como a da Escola Livre da MPG e o espíritu do que eles foron, mozos seducidos pola nosa música popular. Na mesma liña, a gravación realizouse nos nvos estudios A Ponte de Compostela con Tomás Ageitos aos mandos. En definitiva, a experiencia e sabiduría duns veteranos sumada á enerxía da xente nova e, xa que logo, as significativas escollas do nome do disco (tentemozo: "puntal, apoio para que algo non caia") e a da fotografía da capa ( unha foto vella dun rapaz e a simboloxía dos cantos de cego ).

Sen deixar de sonar festeiros e bailables, os novos Cempés seguen a presentar pezas propias ou tradicionais pero aumentando a complexidade dos arranxos e a instrumentación. Aquí pinta moito a riqueza que achegan ducias de músicos, entre eles Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, Tiago Pereira, José Diaz, Benxamin Otero ou Pablo Doval. Acordeóns diatónicos, zanfonas, gaitas, frautas, cavaquinho, tuba, violíns, percusións ... e as voces da ELMPG. No directo volverá a festa e baila pero neste disco hai bastante máis que aprezar nas escoitas. Como cómpre, non si?

Pepe Cunha, 3-xuño-2012




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo