portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
17/07/2017
"Facer un festival nunha parroquia de menos de 500 habitantes durante case 20 anos merecería un Grammy latino polo menos." Luis Íñiguez, Felipop.
13/07/2017
Un gran espectáculo musical galego-cubano liderado por Alejandro Vargas e Rosa Cedrón celebrará ao compositor Chané
08/07/2017
O Festival Terra da Fraternidade acollerá artistas de tres continentes en conexión con músicos do país
07/07/2017
espiño "I"
06/07/2017
Zona da Zanfona. XIII Encontro Internacional. Rianxo 2017
22/06/2017
o festival +QueJazz presenta a súa cuarta edición con catroce citas melómanas na Coruña
burgas beat "todo lo que vamos dejando detrás"


As cancións facturadas polas bandas de Carlos Rego, tanto baixo a denominación actual como a anterior Cosecha Roja, son sinónimo de bo pop rock atemporal e reflexións vernizadas en melancolía. Como xa amosaron en "Ni una sombra en el horizonte" (Rock Indiana, 2005) e o magnífico "Clic" con Magín Blanco (PAI, 08), os froitos do seu local de ensaio funcionan porque actúan segundo os parámetros dunhas referencias claras e asentadas.

No musical, o pop-rock americano (Wilco, Dream Syndicate, Neil Young, Television ...) actúa coma a base do menú, coas guitarras que levan o protagonismo e se acompañan dunha sólida sección rítmica e ben acaídas achegas nos teclados. Até aquí poderiamos estar a falar de máis bandas, pero os notables textos de Carlos Rego seguen a marcar unha clara diferencia coa media. Nestas 8 pezas conserva a lucidez para falar do paso dos anos e transmitir nostalxia coa dose xusta de intimismo e credibilidade.

Se pensas que se pode acadar a beleza nunha canción sobre cousas persoais coas que identificarse, gozarás das magníficas "Stormy weather (pt. III)", "El Rey de los Veranos vs. El Capitán Invierno" ou "Toda la verdad sobre los Reyes Magos". Como corte agochado e saíndose do predominio dos medios tempos, unha urxente "Necesito respirar" a mellor gloria de Steve Wynn. Como bos melómanos, editan en vinilo coa tenda da súa cidade, Peggy Records, Rock Indiana e Quequeres edicións.

Pepe Cunha, 02-maio-2012




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
folmusica
musicosaovivo
Manifiesto la cultura no es un lujo
apoio o Ateneo