portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/08/2022
Manuel Seixas “O estraño karaoke do home bata”
04/08/2022
Crónica orelluda do X SinSal de San Simón, 22-23 e 24 de xullo de 2022
03/08/2022
Ukestra do Médio "Histórias cativas"
15/07/2022
O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2022 amplía as actividades paralelas con exposicións, charlas e paseos guiados pola illa de San Simón
07/07/2022
Capercaillie & RFG, Pongo, Chico César, Maruja Limón, Antía Muíño e Guadi Galego, entre as primeiras confirmacións do festival Maré 22
05/07/2022
Skyhooks "Bloqueo y continuación"
Ukestra do Médio "Histórias cativas"


A mini-orquestra compostelá de ukeleles vai camiño dos dez anos de existencia aínda que este sexa só o segundo álbum. Antes, e en consonancia coa súa primeira etapa de versións, publicaran en 2017 un EP no que apuntaban variedade de influencias e gustos (The Cure, The Human league, Los Cojolites ou Katzenjammer). Esa amálgama de estilos foi acrecentada no aquí comentado “Outras Lérias” (2020) e apreciamos que seguen a maduración con maioría de composicións propias, aquí seis das oito.

Unha desas versións coñecímola en “25 anos ruxindo”, a homenaxe polos 25 anos da banda Ruxe Ruxe. Ademais desa “Sonhos”, reinterpretan “Five Foot Two, Eyes of Blue’, clásico do swing-jazz de hai un século, e homenaxean Carvalho Calero, ao musicaren o poema “Tanto se Amavam”. En canto aos temas propios, destaca xa o comezo con “Paipo”, un instrumental que nos leva suavemente ao surf. “Vendeu-no todo”, a cinéfila “Imitación á vida”, “Onde vam?” ou a estupenda “Promesas” son mostras de que tiran máis polo agridoce da vida que por un ton “camp” ou miñaxoia. Dígoo polas connotacións que pode ter o ukelele.

“Histórias cativas” é un traballo honesto, nada pretensioso, que equilibra o seu falar da melancolía ou os vaivéns cunha heteroxeneidade de estilos (rock”n”roll, country, swing, pop, surf ...) e voces que o fan ben apetecíbel para degustarmos ao vivo. Ademais, aumentan o atractivo dos varios ukeleles coas achegas da táboa de lavar, a pandeireta, o güiro ou o xilófono. Isto é coller sabor sen présas, aplicando o lume necesario.

Deseño de Juan Venditti

Pepe Cunha, 3-agosto-22


1.Paipo
2.Tanto se Amavam
3.Vendeu-no Todo
4.Sonhos
5.Imitación á Vida
6.Onde Vam?
7.Five Foot Two, Eyes of Blue
8.Promesas



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo