portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/08/2022
Manuel Seixas “O estraño karaoke do home bata”
04/08/2022
Crónica orelluda do X SinSal de San Simón, 22-23 e 24 de xullo de 2022
03/08/2022
Ukestra do Médio "Histórias cativas"
15/07/2022
O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2022 amplía as actividades paralelas con exposicións, charlas e paseos guiados pola illa de San Simón
07/07/2022
Capercaillie & RFG, Pongo, Chico César, Maruja Limón, Antía Muíño e Guadi Galego, entre as primeiras confirmacións do festival Maré 22
05/07/2022
Skyhooks "Bloqueo y continuación"
Chega a quinta edición do Ames Jazz


nota:

No 2018, nace en Ames o que pretendía ser unha mostra anual do mellor Jazz feito en Galicia. Cinco anos despois, consolídase como a única cita anual existente de Jazz Galego, e celebra o seu primeiro lustro de vida ampliando os días e abrindo unha sección de cinema documental centrado no Jazz. Nestes cinco anos de vida, realizáronse 10 concertos en 3 espazos distintos, facendo posible que visitaran Ames máis de 30 músicos e músicas, deixando patente que isto foi só o comezo, e que ainda queda moito talento galego por transitar o Ames Jazz.

Este ano celebramos a edición número 5, con dous quintetos:

Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Despois de 15 anos de “Isto é Jazz!" (Freecode, 2006), o músico de jazz afincado en Ames Xacobe Martínez Antelo retoma o seu primeiro proxecto como lider, reformulando este Quinteto de enerxía e imaxinación desbordantes. Coa memoria posta no pasado, para revisitar o songbook persoal do contrabaixista de Compostela. Cos pes no presente, cunha formación totalmente renovada. E coa vista posta no futuro, para preparar o seu novo traballo discográfico, acompáñase nesta ocasión de Manuel Cebrián na guitarra, Xosé Miguelez no saxo tenor, Javier Pereiro na trompeta e Max Gómez na batería.

Límbico. Límbico é o proxecto persoal do guitarrista e compositor galego Iago Marta, unha banda instrumental que aglutina as numerosas e variadas influencias ás que estivo exposto na súa traxectoria vital. Partindo dunha visión jazzística da interpretación, as composicións oscilan entre os arranxos obrigados e a liberdade para os solistas, incorporando linguaxes estilísticas diversas propias do folque, da enerxía do rock ou da improvisación libre.
Integran Límbico xunto co propio Iago Marta o saxofonista Diego Alonso, Macarena Montesinos no chelo, José Manuel Díaz no contrabaixo e Héctor Agulla na batería.

Tardes de cinema

Ademáis destes dous concertos, teremos por primeira vez unha sección de cinema documental sobre o Jazz. Presentamos dous documentais que se proxectarán no propio Pazo da Peregrina xusto antes de cada un dos concertos.
Comezaremos proxectando na tarde do venres “Thelonious Monk: Straigt, No chaser”, unha película documental de Charlotte Zwerin que trata da vida do gran pianista Thelonious Monk.
Tamén o sábado haberá sesión de cine. Nesta ocasión un maravilloso documental “Keith Jarrett: The Art of Improvisation”, que amosa unha visión fascinante do gran Keith Jarrett, con intervencións de músicos que teñen traballado con el, da súa familia, amigos... e por suposto, do mesmo Keith Jarrett. Dirixido por Mike Dibb, esta será unha gran oportunidade única de ver en pantalla grande esta gran peza audiovisual.

E para completar o plan, por fin teremos este ano o noso ansiado servizo de bar, para que o público poida tomarse algo antes do cinema, entre o cinema e os concertos, e despois dos concertos. O servizo de bar estará xestionado pola equipa do “Transistor”, que xa están especializados en maridar o mellor da hostalaría coa música.


PROGRAMA:
Venres 1 de xullo – Pazo da Peregrina:
20h – Proxección do filme “Thelonious Monk: Straight, No Chaser”
22h30 – Concerto de Xacobe Martínez Antelo Quinteto

Sábado 2 de xullo:
20h – Proxección do filme “Keith Jarrett: The Art of Improvisation”
22h30 – Concerto de Límbico



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo