portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
08/08/2022
Manuel Seixas “O estraño karaoke do home bata”
04/08/2022
Crónica orelluda do X SinSal de San Simón, 22-23 e 24 de xullo de 2022
03/08/2022
Ukestra do Médio "Histórias cativas"
15/07/2022
O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2022 amplía as actividades paralelas con exposicións, charlas e paseos guiados pola illa de San Simón
07/07/2022
Capercaillie & RFG, Pongo, Chico César, Maruja Limón, Antía Muíño e Guadi Galego, entre as primeiras confirmacións do festival Maré 22
05/07/2022
Skyhooks "Bloqueo y continuación"
Mekánika Rolling Band gaña o Cantalingua 2022 con Paco Nogueira e Pauliña como segundo e terceira


nota:

Mekánika Rolling Band, Paco Nogueiras e Pauliña son os gañadores da edición do Cantalingua desta convocatoria de 2022 e participarán nas Festas convocadas en espazos públicos e centros escolares das catro provincia e que comezarán no vindeiro mes de maio. O xurado escolleu a Mekánika Rolling Band como grupo gañador, a Paco Nogueiras como segundo e a Pauliña, gañadora da edición 2021, como terceira. Na convocatoria deste ano, o xurado valorou a alta cualidade de todas as canción presentadas e, tamén, a cantidade de grupos e solistas que se presentaron este ano á convocatoria, 35 en total, duplicando o numero de grupos de anteriores convocatorias.

Mekánika Rolling Band gañou coa canción "En busca da festa". A Mekánika Rolling Band é un grupo de animación de rúa, que conta cun escenario móvil autoamplificado, e que incorpora efectos visuais de lume e pirotecnia a parte dun show enérxico, participativo e dinámico. No formato de escenario o show tamén inclúe efectos de lume e pirotecnia. Conta cunha traxectoria de 15 anos, nos que xiraron por toda a península e parte de Europa, exportando a música galega pola Península e a países como Alemania, Austria, Francia e Italia. A banda está formada por Nolo Chazo a Batería, Pepe Noya ó baixo, José Hermo a guitarra, Martín Chenlo ó trombon, Adrián Trillo ó saxo alto, Daniel Vieito ó saxo tenor e voces e Aitor Garcia ó keytar e voces. No ano 2017, foron semifinalistas no Concurso GOT TALENT SHOW de Telecinco. Dende fai 5 anos, lideran o Ranking da plataforma Orquestas de Galicia facendo unha media de 90 concertos por temporada.

O segundo premio desta edición foi para Paco Nogueiras, coa canción, "Fálame!", que aproveita o lema deste ano do Correlingua para animar á rapazada a usar o galego. Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Percorre o país cos espectáculos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” nos que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Visitando escolas, bibliotecas, auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convírteno nun ser de espectáculo “todoterreno” capaz de afrontar retos de todo tipo.

O terceiro posto nesta edición do Cantalingua foi para Pauliña, a banda foi a gañadora da edición pasada desta mesma convocatoria. A canción deste ano é "Revolta eterna". Pauliña ten á cambadesa Paula Chaves “Pauliña” a fronte e son moitas as súas influenzas musicias que van dende o country o blues pasando polo folk, rock, ska, etc., conxugando todos estes estilos musicais nunha mestura a cal lle imprimen o su selo propio, sendo unha proposta musical diferente e innovadora, que fai que os seus concertos non deixen a ninguén indiferente.

Podedes escoitar na seguinte ligazón as tres cancións gañadoras desta edición e o resto das pezas presentadas a esta convocatoria do Cantalingua.

Todas as cancións do Cantalingua 2022


Estas son as datas e localidades de celebración das Festas

A CORUÑA
11 de maio Santiago, na Alameda
18 de maio Carballo, no Auditorio Pazo da Cultura
31 de maio Narón, no Pazo da Cultura

PONTEVEDRA
4 de maio Pontevedra, na Alameda
12 de maio A Estrada, no Teatro Principal
19 de maio Vigo, no Auditorio Municipal
20 de maio Tomiño, na praza do Seixo
27 de maio Cangas, no Auditorio Municipal

As festas de Lugo e Ourense celebraranse o 3 en setembro.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo