portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
20/05/2022
Os abonos do Sinsal SON Estrella Galicia 2022 sairán á venda o vindeiro xoves 26 de maio
18/05/2022
Holgado "O fillo de Suso"
12/05/2022
Ilegales, J. P. Bimeni, Al Dual, De Vacas e Adrián Costa Blues Band actuarán no FiBE 22
11/05/2022
A artista canadense Kee Avil, a banda chilena Newen Afrobeat e a artista española Verde Prato conforman o regreso do ciclo Liberdades Sonoras a Lugo
04/05/2022
Devalo "Luz / sombra"
26/04/2022
A 6ª edición do Jazz de Ría terá escenarios en Narón, Neda e Cedeira
Sumrrá "7 visións"


Cada disco novo que edita este trío é un reto e unha motivación. Para xustificaren a vida do proxecto, os virtuosos Manuel Gutiérrez (piano), Xácobe Martínez Antelo (contrabaixo) e LAR Legido (batería) han de ofrecer composicións novas coa frescura suficiente para manter o nivel acadado e seguir a amosarse como unha unión frutífera. Máis de vinte anos e centos de actuacións forxaron unha reputación dentro e fóra dos ámbitos jazzísticos e eles volven amosar que nin se dormen sobre ela nin deixan de se probar.

Tras o éxito do seu “6 mulleres”, agora “reflexionan sobre o momento no que vivimos, compartindo unha serie de visións para explicar de onde vimos, onde estamos e cara onde imos.” Nestas "7 visións" distinguimos as tres personalidades e a súa capacidade para encontrarse, cohesionarse e atrapar os ouvidos receptivos e curiosos. O disco en conxunto é variado e sólido, sen recheos, alternando pezas máis trepidantes con outras máis ensoñadoras ou repousadas, regalando cambios, solos e melodías enfeitizantes aquí e alá. Probablemente o feito de participaren cada un deles noutros proxectos sexa unha clave importante para elixir e entender o que entra e funciona nun proxecto que se amosa tan o máis sólido coma nunca.

Porque con este álbum Sumrrá chega talvez ás cotas máximas dese seu equilibrio característico de resultar accesíbeis sen por iso defraudar a exixencia. Estas sete pezas son sete mostras da súa creatividade, da aparente familiaridade o complementariedade coa que tocan, esa que transmiten tanto ao público máis entendido como ao que se achega temeroso ao jazz. Lúcidos e xeniais.

Pepe Cunha, 25-xaneiro-22

repertorio:
Ra
Periferia universal
Asuán Alexandría 7 graos
As forzas gravitatorias
Sapiens Sapiens
13.700 millóns de anos despois
O espazo interior



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo