portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/01/2022
Nace o ciclo ‘Pioneirxs da música galega’, concertos en directo para revivir álbums que marcaron a historia da música galega
24/01/2022
Tanxugueiras presenta ao vivo Terra este mércores no Benidorm Fest
21/01/2022
Sumrrá "7 visións"
15/01/2022
Los Eternos "Sonora"
14/01/2022
Aprazada a Batalla de bandas de CUAC FM
05/01/2022
Fran Amil "Popsía. Vol.1"
Tanxugueiras regresa o 26 de marzo aos escenarios coa presentación da Xira Midas



nota:

Arranca a Xira Midas. Tanxugueiras presentará na Coruña o seu novo directo, unha proposta vibrante na que o trío de pandeireteiras presenta a nova sonoridade do grupo e que incorpora a interpretación, ao vivo, dos novos sinxelos do grupo, como "Terra", "Figa", "Telo" ou "Midas". O concerto terá lugar o sábado 26 de marzo, a partir das 21.00 horas, na Coruña, na Sala Pelícano, e as entradas sairán á venda este mércores 5 de xaneiro no sitio web oficial do grupo, www.tanxugueiras.gal, e na plataforma Enterticket. Os billetes estarán á disposición do público desde 15 euros (máis gastos de xestión) e as persoas menores de 16 anos que desexen acudir ao concerto deberán facelo acompañadas da nai, pai ou titora legal.

O concerto da Coruña supón a presentación ao vivo da Xira Midas e, polo tanto, do vindeiro traballo de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro, un álbum que se publicará este 2022 e no que o grupo segue a reformular a música tradicional desde unha óptica contemporánea, que está a sorprender en todo o territorio estatal grazas ao seu último tema, Terra, co cal as cantareiras participarán no Benidorm Fest neste mes de xaneiro. A iniciativa gañadora deste certame, promovido por RTVE, participará en Eurovisión o próximo mes de maio.

Cifras históricas para a música en galego

No seu primeiro día de publicación, o 21 de decembro, Terra superou as 500.000 reproducións no conxunto de plataformas. Á semana, o tema sumaba máis dun millón de visualizacións en Youtube -ocupando os sete días os primeiros postos na lista de tendencias musicais- e máis de 500.000 en Spotify. O mesmo día, o 28 de decembro, outro dos últimos sinxelos das cantareiras, Figa, tamén acadaba o millón de visualizacións en Youtube.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo