portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/01/2022
Nace o ciclo ‘Pioneirxs da música galega’, concertos en directo para revivir álbums que marcaron a historia da música galega
24/01/2022
Tanxugueiras presenta ao vivo Terra este mércores no Benidorm Fest
21/01/2022
Sumrrá "7 visións"
15/01/2022
Los Eternos "Sonora"
14/01/2022
Aprazada a Batalla de bandas de CUAC FM
05/01/2022
Fran Amil "Popsía. Vol.1"
David Regueiro Quartet "O camiño"


Ao guitarrista David Regueiro adoitamos citalo como un intérprete salientábel do gypsy-jazz ou jazz manouche. Mais, como amosou no seu álbum “Areal” (2020), ten habelencia abonda para levar a bo porto viaxes estilísticas máis amplas, como o swing americano, o bolero, o be-bop ... Agora neste “Camiño” achégase á música tradicional, ás harmonías galegas, e faino coa liberdade do jazz e cunha formación de luxo: Pablo Castaño ao saxo, Alfonso Calvo no contrabaixo e Sergio González á batería.

Destas nove composicións orixinais, “Shiny Strings” e “Bolero desesperado” xa aparecían en “Areal”, onde as interpretacións eran maioritariamente de dúas guitarras e contrabaixo. Porén, aquí son adaptadas ao concepto global do disco: un álbum de jazz tinxido de detalles da música tradicional, de melodías, harmonías e arranxos que seica foron argallados con “Maruxa”, unha guitarra deseñada e construída especialmente para este proxecto polo luthier Carlos Sabrafén, que se ve recoñecido co “Sabrafén Blues”. Pero mellor lede a historia no bandcamp indicado ao final destas liñas.

"O camiño" non é un disco pretencioso, senón equilibrado, que funciona porque o protagonista se mantén sobre as patas onde está cómodo e recorre a músicos que entenden a idea do álbum (pensemos no "A-la-láa" de Pablo Castaño) e mesmo achegan composicións: Alfonso Calvo "Vento do Norte” e Sergio González “Caminho Português". Ademais da boa factura do disco en xeral, cómpre mencionar unha peza cantada por Gloria Pavía: “Mulher”, unha versión do poema de Carvalho Calero con ar de bossa nova.

Pepe Cunha, 28-novembro-2021


Repertorio
1. Porta Do Camiño
2. Résolutif Swing
3. Porta Faxeira
4. Sabrafén Blues
5. Vento Do Norte
6. Mulher
7. Camiño Portugês
8. Bolero Desesperado
9. Shiny Strings



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo