portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
06/10/2021
Desvélanse os finalistas da 8ª edición dos Premios Martín Códax da Música
05/10/2021
Garza "Alborada"
01/10/2021
Xisco Feijóo "Peixe"
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
Garza "Alborada"


Baixo o nome de Garza descubrimos o proxecto de electrónica ambiental de Adrián Charlín, batería en diferentes bandas galegas de rock. Saíndose desas coordenadas edita baixo o selo Ferror Records un mini-álbum de seis temas que presenta así: “Alborada é unha homenaxe ao imaxinario da miña infancia, á Galicia rural e mariñeira, a dos meus avós, é a historia dun neno dunha vila calquera que, cun tambor no medio dunha alborada, quere voar ata as estrelas.” Porén, que o título non leve a confusión: isto non vai de música de raíz mesturada con electrónica.

Si que nos atopamos con sensacións e emocións musicais construídas con teclados e sintetizadores, mais podemos apreciar tamén que están argalladas co aquel dun músico “orgánico”, en particular nas percusións, o instrumento que manexa habitualmente. Ademais, recibimos un certo arume primeiro a rock progresivo e rock sinfónico que deseguido deixa o protagonismo a atmosferas de ensoñacións e evocacións varias ... con perspectivas sonoras de trip-hop, ambient, noise ... e outras etiquetas que queiramos poñer.

Non obstante, do que se trata é de que a música leve a ouvinte por onde se deixe, que non ten por qué ser esa sensación de Galiza que propón o autor. Un debut breve e intenso, nada pretencioso pero cuxa humildade non debería facelo pasar desapercibido. Aínda que só fose polas dúas pezas con voces: a desgarrada “Cravos,” na que nos reencontramos con Manuel Seixas (Korosi Dansas) nas letras e voces, e a hipnótica “Galician Frecuencies” con Xackal.

Pepe Cunha, 6-outubro-21

repertorio:
Continxencias (Apertura)
Cravos (Con Manuel Seixas)
Ondas
Galician Frecuencies
Árbores de inverno
Alborada



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo