portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/01/2022
Nace o ciclo ‘Pioneirxs da música galega’, concertos en directo para revivir álbums que marcaron a historia da música galega
24/01/2022
Tanxugueiras presenta ao vivo Terra este mércores no Benidorm Fest
21/01/2022
Sumrrá "7 visións"
15/01/2022
Los Eternos "Sonora"
14/01/2022
Aprazada a Batalla de bandas de CUAC FM
05/01/2022
Fran Amil "Popsía. Vol.1"
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"


Seguimos a aumentar o abano de estilos, tendencias ou correntes nas que agrupamos as propostas cantadas en galego. Recibimos un traballo dese pop independente máis maduro e sosegado que ten que ver coa actitude e sonoridade duns The New Raemon, Nacho Vegas, Antónia Font ... e máis compositores co que entendemos como personalidade ou selo propio, arredados do máis manido ou resultón. Desde Pontevedra chega o debut de Anxo Araújo, produtor e músico do que apenas sabiamos que formou parte de Los Invisibles que acompañaban Secho.

Aparte do distintivo desta achega case inédita na nosa lingua, trátase dun labor de moito mérito, ao se encargar Anxo de todo agás da masterización, que encarga con gusto aos estudios Ultramarinos de Víctor Garcia, como fixeran no seu momento The Homens. E ao dicir “de todo” incluímos tamén deseño da edición física e da web. Independencia e "JuanPalomismo" total para editar unha colección de cancións que, para gustos, soará coherente ou lineal, cun claro aire a esas producións "indie" de finais do século pasado, coa voz algo agochada e unha nube de capas.

En conxunto, a escoita transmite sosego e un feixe de matices entregados con discreción, para quen preste atención e non espere efectismo. As letras amosan naturalidade, contemplación, cotidianeidade sen caer nos lugares comúns, ironía ... e asoman Aute en "Feng Shui" e Ataque Escampe en "Antinuclear", o que poden ser mostras do espectro como ouviunte do noso protagonista. Agardamos que haxa promoción e xira de apoio a un disco que ten o encanto agardábel dun debut pero que corre o risco de quedar como anecdótico e minoritario. E sería unha pena que non houbese un seguinte paso para o autor de cancións como "Antinuclear", "Canción perfecta", "Fomos" ou "Apoloxía".

Pepe Cunha, 24-setembro-21

repertorio:
Canción perfecta
Feng Shui
A Guerra Mundial
Antinuclear
Apoloxía
Desastre natural
Fomos
As túas historias
Monte Louro
Propósito de emenda




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo