portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
06/10/2021
Desvélanse os finalistas da 8ª edición dos Premios Martín Códax da Música
05/10/2021
Garza "Alborada"
01/10/2021
Xisco Feijóo "Peixe"
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"


Se Andrés do Barro xa era unha icona do pop galego, agora convértese no primeiro artista con dous discos tributo ou homenaxe. A aquel "Manifesto Dobarrista" a nivel galego de hai catorce anos sumamos agora este álbum confeccionado na súa comarca natal para acompañar unha exposición homónima no Centro Torrente Ballester de Ferrol. A mostra estivo comisionada pola filla do artista e por Fernando Fernández Rego, autor da súa biografía e corresponsábel de Ferror Records canda Sergio Sequeiro. Os dous socios da entusiasta discográfica encargáronse da produción e a selección musical e Alberto Amigo (Todo el largo verano) do deseño.

Os quince nomes participantes teñen maior ou menor relación coa comarca e o selo e algúns xa aparecían naquela primeira homenaxe: Quant, Todo el Largo Verano, Faltriqueira ou agora noutros proxectos como Ninhodaguia (ex-Boy Elliott), Devalo (ex de Nouvelle Cuisine), Os Peregrinos ... e cadaquén leva a canción escollida a onde mellor lle pareceu, como debe ser, pois a cuestión é revivir, reler parte do cancioneiro, tanto as máis famosas "O tren", "Corpiño xeitoso", "Miña Maruxa" ou "San Antón" como caras B de sinxelo ou algunha peza deses traballos crepusculares.

Amparo Arias abre con estilo pop folk, Faltriqueira xogan con ritmos máis tradi e polifonías, Devalo fai de "Qué máis dá" un hit bailábel, Papi e Mami (María Faltriqueira e Jorge Juncal) traducen ao galego aquela incursión dobarrista nos ritmos latinos, The Harriers danlle ao country, Los Eternos amosan o seu bo estado de forma en "Con máis amor", o power pop chega con Bang 74, Quant fai unha sorte de soul-pop, Daniel Alonso sae moi ben paradoi da súa lectura da triste "Adeus adeus"...En resumo, unha escolma humilde, meritoria, variada en riscos e estilos que podemos escoitar no bandcamp da discográfica, pois a edición física está xa esgotada.

Pepe Cunha, 19-setembro-21

repertorio

Amparo Arias - Meu país
Faltriqueira - Miña Maruxa
Papi e Mami - Para iso somos dous
The Harriers - San Antón 0
Bang 74 - Noite de queimada
Los Eternos - Con máis amor
Quant - O tren
Feed the Pet - Que lonxe fun
Lume - Corpiño xeitoso
Os Peregrinos - Pandeirada
Devalo - Que máis dá
Todo el Largo Verano - Para che falar de amor
Jacobo & Alberto - Amor, amor
Ninhodaguia - Adeus, adeus 0
Willie & Winnie - Yo no sé



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo