portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
28/11/2021
David Regueiro Quartet "O camiño"
25/10/2021
Os Resentidos "Organización Nautilus"
23/10/2021
Pablo Barreiro, galardón honorífico nos Premios Martín Códax da Música 2021
22/10/2021
Judith Hill, Aurora Nealand ou Izo Fitzroy nun Outono Códax 2021, que homenaxeará a Nova Orleáns
06/10/2021
Desvélanse os finalistas da 8ª edición dos Premios Martín Códax da Música
05/10/2021
Garza "Alborada"
Peña "Carreiro"


Dende Vigo-Pontevedra, a órbita Metamovida-Liceo Mutante, chega o novo proxecto de tres músicos que coñeciamos doutras aventuras de corte underground ou moi fóra do habitual. De Toño Magariños sabiamos por diola ou Unicornibot, da violinista Elena Vázquez por Trilitrate e tamén aquí, en Cró! ou Es un Árbol milita Rubén Abad. Desas bandas difíciles de encaixar en xéneros atopamos detalles nos gustos e nos xeitos de interpretar, mais aquí a forte carga instrumental cede o protagonismo á canción sosegada, a que busca a emoción con sensibilidade. Unha actitude tan valente como diferencial nestes tempos.

Nun EP de edición limitada chamado “Fórmula” amosaban xa esta combinación de pop, folk, música de raíz e mesmo referencias da clásica, pero neste “Carreiro” afondan no seu xeito de tratar o son, os arranxos, presentándonos ademais unhas melodías e uns xogos vocais que rachan co habitual. Metamos nunha cocteleira influencias de Fleet Foxes, Nick Drake, o Van Morrison de “Astral Weeks”, a Beth Gibbons de “Out of Season” e moitas máis que se me escaparán, mais tamén uns Fuxan os Ventos ou os Beach Boys, por que non?

Peña son un oasis, “un burato onde te podes agochar para fuxir do mundo gris cando non podas alentar”, como cantan na apertura dun disco que tamén é fermoso por fóra grazas ao deseño de Miryam Pato. Cunha forte e exquisita carga de sinxeleza, nostalxia e positividade, falan de cousas familiares, de amor, de empatía, de fraternidade, mais a carón de fermosuras como “Bandeira” ou “Renacimiento”. non falta a retranca e denuncia en “Mula”. Xa estás tardando en coñecer esta Peña.

Pepe Cunha, 1-setembro-21


repertorio:
1. Burato
2. Sega
3. La selva
4. La tienda de los muelles
5. GPS
6. Bandeira
7. Mula
8. El andén
9. Renacemento



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo