portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
Xurxo Fernandes "Levaino!"


Se algo non casa con Xurxo Fernandes semella ser a seriedade e o conformismo. Tras os dous estupendos álbums de Radio Cos canda Quique Peón e o seu proxecto Jako El Muzikante, o investigador e músico volve amosalo baixo o seu nome. Ambas aventuras presentaban un sentido do humor e un virtuosismo que non se perde nesta inédita confluencia das dúas vertentes musicais que até agora lle coñeciamos: a música tradicional galega e a do Mediterráneo oriental ou sefardí.

Para combinar estas músicas de raíz que semellan a priori tan afastadas non está precisamente só. Acompáñano os coros de Pandeireteiras sen Fronteiros, Rubén Montes (percusións), Rafa Morales (baixo), Roberto Comesaña (teclado) e a gaita, saxo e dulzaina de Pedro Lamas, quen xa participaba en Radio Cos e se encargaba da produción. Agora Lamas corre coa dirección musical sobre unha ducia de temas recollidos en Galicia e nas comunidades sefardís de Samakov (Bulgaria), Salihli (Turquía), Larache (Marruecos) e Tel Aviv (Israel) e o resultado confirma que as sonoridades resultan aproximábeis, cun pouso común. Aquí non falta nin un chisco de enerxía, de expresividade e matices (a telúrica “Arrieiro do Paraíso”), do humor das letras populares (“O piollo malvado” é o exemplo más claro) e tamén podemos considerar excesivos algúns momentos, segundo o gusto da ouvinte.

“Levaino!” é arriscado, valente, ben recibido por quen celebramos eses traballos que alimentan ou espertan a nosa curiosidade. Soa diferente e por iso desconcerta nun principio, pero sen présas recoñecemos que a tradición oral galega casa co exotismo oriental, xa desde a primeira “Agarrado de Monzalvos”. Ás veces cae máis dun lado que doutro pero case sempre funciona e en acadar o equilibrio están a dificultade e o mérito.

Pepe Cunha, 21-agosto-2021



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo