portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
chega a 5ª edición do Festival Jazz de Ría


nota:

Esta mañá presentáronse no Parque de Freixeiro en Narón todos os detalles da 5ª edición do Festival Jazz de Ría, que este ano programa concertos nos dous concellos situados ao fondo da ría, Neda e Narón, que se suman así a esta cita, na que xa participaron Ferrol e Mugardos, co obxectivo de colaborar e contribuír a crear espazos e proxectos que poñan en valor a comarca de Ferrolterra como territorio de referencia para o público da escena jazz en Galicia.

No acto participaron o alcalde accidental de Narón e concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo; a concelleira de Cultura de Neda, Verónica Vigo; e a directora do festival, Aitana Cuétara, que destacou a participación no cartel deste ano da Orquestra Galega de Liberación. “Será a única oportunidade de velos este verán en Galicia –dixo a directora-; é o único concerto previsto por agora porque obviamente non é fácil mover un proxecto que vai poñer sobre o escenario -que montaremos aquí mesmo no Parque de Freixeiro- a 17 músicas e músicos moi recoñecidos no ámbito da música clásica, do jazz e mesmo da performance, ofrecendo un concerto experimental e presentando unha proposta de vangarda sonora e estética que vai deixar pegada nas persoas que teñan a sorte de presenciala”.

Cuétara tamén quixo resaltar a calidade de todos os concertos do cartel, que responde ao compromiso que o festival ven demostrando ao longo das súas cinco edicións de programar as mellores propostas de jazz galego e poñelas en conversa con grandes referencias de fóra, que nesta ocasión estarán representadas pola participación de Lucía Rey Trío. Canto aos proxectos galegos, ademais da Orquestra Galega de Liberación, o festival vai ofrecer en rigurosa estrea o primeiro concerto da nova formación de Baldo Martínez – Cuarteto da Terra; e tamén o jazz cigano e bailable dos Aló Django, o único concerto que terá lugar no concello de Neda en sesión vermú e que nos fará lembrar os tempos nos que funcionaba na Ribeira de Neda un salón de baile. O concerto de Aló Django vaise celebrar xusto enfrente da casa onde estaba situado ese salón, e a organización espera que sirva para recoller historias e anécdotas que axuden a rescatar o patrimonio inmaterial do lugar, dentro do proceso de recuperación de memoria colectiva que se abriu durante a localización de espazos do festival.

Tras celebrarse en Mugardos e Ferrol, onde o festival sementou durante catro edicións o amor polo jazz entre o público de todas as idades, o Jazz de Ría viaxa nesta 5ª edición á descuberta de novos espazos nos concellos de Narón e Neda para presentar unha programación que volverá apostar pola pola calidade, a diversidade, a posta en valor do territorio, e o apoio incondicional ás propostas artísticas galegas.

En só catro edicións o Festival Jazz de Ría conseguiu posicionarse dentro do circuito de festivais de jazz da península, ampliando notablemente o seu público e a súa repercusión mediática cunha proposta singular en canto a espazos e músicas, que mereceu unha nominación na categoría de Mellor Festival na edición 2018 dos PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA.

As entradas para acudir ao festival son gratuítas ata completar aforo. A organización recomenda chegar con antelación, seguir as indicacións do persoal, non quitar a máscara en ningún momento, reducir todo o posible o contacto coas demais persoas asistentes, e non acudir en caso de ter estado en contacto con algún positivo.



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo