portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
ciclo EXPERIMENTA II de Tele Clube, Lugo.


nota:


EXPERIMENTA II
Datas: 22, 23 e 24 de xullo de 2021
Lugar: Xardíns do Pazo de San Marcos e Xardíns do Museo Provincial.
Artistas: Homem en Catarse, Amorante, Strange Mystery Flower e Los Sara Fontán.

Entrada gratuita, respectando o aforo (as entradas están dispoñibles e poden reservarse a través do email: info@teleclube.com).
Organiza: Tele-Clube coa colaboración da Deputación de Lugo.

O Ciclo Experimenta naceu o pasado 2019, como un proxecto que xurde da incesante busca de dar outras vidas a agochados espazos da nosa cidade, e transformar o seu uso para outros destinos culturais e sociais para os que foron inicialmente deseñados, distintas artes coa música en directo como motor de movemento.
Con estes bímbios confecciónase o Ciclo Experimenta que Tele-Clube organiza, un ano máis, coa colaboración da Deputación de Lugo.

Neste 2021, os eixos nos que se fundamenta esta nova andaina do Experimenta serán riqueza e diversidade das linguas (este ano en portugués, galego, inglés, euskera e castelán), o audiovisual, a poesía e a mixtura da música folclórica e máis tradicional con propostas totalmente innovadoras e routuristas, que se desenvolverá en dous escearios distintos: os Xardíns da Deputación e os Xardíns do Museo Provincial... facilitando o movemento que provoca cambios na percepción no espectador, como actor principal do espectáculo, coa propia dinámica do cambio de tres espazos exteriores distintos, aínda coas limitacións que nos impón a pandemia, o público participante poderá desfrutar dunha viaxe sensorial sentado na súa cadeira.

PROGRAMACIÓN:
Xoves 22 de xullo – 20:30h. Xardíns do Pazo de San Marcos:
HOMEM EN CATARSE (Braga, Portugal – shoegaze, postrock e Fado)

Venres 23 de xullo – 20:30h. Xardíns do Pazo de San Marcos:
AMORANTE (Elgóibar, Euskadi – artista multiinstrumentista)

Sábado 24 de xullo – 12h. Xardíns do Museo Provincial:
STRANGE MYSTERY FLOWER (Ferrol – espectáculo poético-musical multidisciplinar)
LOS SARA FONTÁN (Calonge, Catalunya – emoción experimental e enerxía polirrítimica)
Saúdos,




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo