portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
Fábrica de espejos "Mundo incierto"


Desde Chantada chega o primeiro longa duración dun quinteto que non agocha a súa devoción por varias correntes do pop indie que nos retrotraen aos anos 90. Ao longo de once cancións lévannos ao pop de sintetizadores, ás guitarras con distorsión do shoegaze, ás atmosferas oníricas do dream pop ... e a lembranza dos 90 con bandas españolas como Los Planetas ou especialmente Nadadora pola combinación de voces de Natalia e Isaac.

Após os EPs “Esferas” (2018) e “Astro Rey” (2019), "Mundo incierto" é xa a súa verdadeira carta de presentación e a consolidación do traballo nos estudios Abrigueiro co Arturo Vaquero, un compañeiro de viaxe axeitado para acadaren as súas expectativas sonoras. Porén, se o que valoramos son as cancións que engachan alén dos ouvidos nostálxicos e máis cómplices con estas sonoridades, son os menos os momentos en que superan unha linealidade moi marcada; por outra parte algo comprensíble nun debut.

En "La fiesta", "Colores inventados", "Sin presión" ou "A través del tiempo" un apreza os logros máis salientábeis nesa fusión dunha melodía marcada e uns poucos acordes para vestiren letras suavemente intensas que falan do tempo que pasa, do que con el foi marchando ... en definitiva, do que nos pode producir sensacións de melancolía.

Editado coa colaboración entre Ferror Records e a xente do FaCeLa fest.

Pepe Cunha, 14-xullo-2021


A través del tiempo
La fiesta
Mañana
Colores inventados
Todo se mueve
Unidad de desplazamiento
Capas
Sin presión
Mundo incierto
Los mitos
Continuará



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo