portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
Caballero Reynaldo "Cosmos"


Tras 25 anos de traxectoria, chega a fin dunha triloxía (“Cromos” e “Cronos”) de cancións propias e de gravacións de Caballero Reynaldo, o proxecto ideado e dirixido por Luis González. O músico conquense afincado en Utiel (Valencia) é un deses personaxes que fan máis entretida a industria musical ou o mundo que arrodea a edición de discos musicais. Responsábel do selo Hall of Fame e gran fan e divulgador de Frank Zappa, comparte con este o seu carácter ecléctico, prolífico e irreverente. E disto “Cosmos” é un reflexo fiel.

Esta entrega final incide unha vez máis na colaboración con músicos de confianza e solvencia (Manoel Macía, Román García, Santiado Serrano ...) e a total independencia para gravar o que quere e dicir o que lle apeteza. Porén, non o fai dende unha pose de ousadía senón coa bagaxe dun coñecemento musical amplo da música popular. Coma proba, máis de 20 discos de versións-recreacións-adaptacións non só de Zappa, senón tamén de King Crimson, Beatles, Prince, Motörhead, Yes, Depeche Mode ...

Caballero Reynaldo despídese talvez co seu álbum musicalmente máis significativo, movéndose con solvencia por diferentes estilos e movementos do pop e letras “que parecen cartas de despedida, cantos de cisne”. Nestas queda a gusto lanzando versos como “Necesidad demente que tenéis de idolatrar lo que el prime-time os dé” ou “Me han echado de la Wikipedia por intolerancia enciclopédica. Me han echado de la red social por intrascendente y por carcamal”. E títulos como “Necesidades innecesarias”, “A Marte otra vez” ou “El tonto de Platón en Plutón” reafirman un sentido do humor, a ironía ou o sarcasmo pouco habituais pero de agradecer. Ademais a boa edición física en digipack inclúe as versións instrumentais das cancións.

E o que quedará na recámara, sen editar ou actualizar! Porque hai mentes que non paran e o mesmo Luis G. nolo confirma: “Mantendré activa la conservación y visibilidad de toda la discografía, pero no volveré a grabar nada nuevo bajo la marca «Caballero Reynaldo». Mis necesidades creativas y exhibicionistas están sobradamente satisfechas, y si no fuera así las realizaré bajo el manto de cualquier otro personaje, de forma anónima o con Los Visionarios.”

Pepe Cunha, 26-xuño-2021



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo