portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
As bandas Peña, Tandub, Sleepy Spice, Elba e Secho, finalistas do Concurso Fran Pérez “Narf" de música


nota:

O xurado do Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña deliberou esta mañá e fixo público as cinco bandas finalistas: Peña, Tandub, Sleepy Spice, Elba e Secho. A banda gañadora será elixida durante unha gala final que terá lugar no Teatro Colón da Coruña o sábado 21 de novembro e que se emitirá tamén a través de ‘streaming’.

Formou parte do xurado como presidente Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; ademais dos xornalistas Carlos Crespo, María Yáñez e Teresa Cuíñas; e o crítico musical Pepe Cunha. A outra membro do xurado, Uxía Senlle, non puido acudir á xuntanza. Como secretaria actuou Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes.

O Concurso Fran Pérez “Narf" de música ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocionar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a o obra do músico e compositor Fran Pérez “Narf". Algunhas das bandas gañadoras deste premio son Caldo, Mounqup, Bala ou Familia Caamagno, entre outros.

Eis un pequeno resumo de cada banda finalista:

PEÑA veñen de publicar o seu primeiro longa duración titulado ‘Carreiro’, logo do EP ‘Fórmula’. A banda formada por Toño Magariños (diola, Unicornibot), Rubén Abad (Cró!, Trilitrate) e Elena Vázquez (Trilitrate) foi quen de fiar un corpo de cancións exquisito, que casa sinxeleza con idiosincrasia e valentía formal.

TANDUB é a fusión da música tradicional Gnawa (norte de Marrocos, Tánxer) con outros xéneros como o reggae, o drum&bass e a electrónica, cun potente directo. Acadan un son vibrante, intenso e sólido empregando instrumentos clásicos nas bandas de fusión (guitarra, baixo ou percusión) coas novas tecnoloxías (electrónica), co hajhouh e as karkabas (instrumento tradicional marroquino). Os seus compoñentes proceden de bandas como Lamatumbá, Dar Gnawa, Tabú ou Kondiós.

SLEEPY SPICE é unha artista de música urbana en galego e castelán que compón, grava e mestura os seus temas nun móbil. O que comezou como un proxecto de autoaprendizaxe de produción musical e beatmaking foise convertendo pouco a pouco nun proxecto musical e artístico sólido, con varios singles publicados, como “Yo me dejo” (2020) e “Outro lado” (2020).

ELBA comeza na música xa na infancia, formando parte do coro infantil do Orfeón Terra a Nosa e posteriormente no coro de voces brancas da orquestra sinfónica do CMUS de Santiago. Con 18 anos funda Ivy Moon e participa en diversos festivais. No seu proxecto actual mestura diferentes estilos como synth pop, new wave ou post-punk con elementos tan clásicos como o canto lírico, e mesmo reinterpreta nos seus concertos en vivo obras puramente líricas con instrumentos cargados de sintetizadores.

SECHO escribía cancións cancións para si mesmo desde os albores deste século ata que en 2009 a banda Medomedá o convida a abrir un dos seus concertos en Compostela. Nese verán rexistra en Pouland Studios o seu primeiro EP, que sae co nome de “Secho y los Invisibles”. Despois de varias formacións e concertos por todo o país, publica en 2016 ‘Xa fai un tempo’ (Discos da Máquina). E agora regresa en 2021 con ‘Recuperar’, o seu terceiro traballo gravado con Iago Pico e rodeado de músicos como Dani Riveiro, Lois Carlín e Tomás Porteiro, ademais doutras colaboracións. Outro feixe de cancións que van do folk americano ao pop intimista adubiado polas montañas do Barbanza.




Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo