portada
       concertos
       novas
       discos
       crónicas
       artistas do país
       webs amigas

          actualizacións
27/09/2021
"La música no es lo más importante", de Javier Becerra
25/09/2021
O Vilablues Fest de Noia reafírmase como a gran cita en Galicia da música afroamericana
24/09/2021
Anxo Araújo " Plan de urbanismo para un novo Couto Mixto"
19/09/2021
VVAA "Andrés do Barro: Pop, Saudade e Memoria. Unha Ollada dende Ferrolterra"
15/09/2021
VVAA "25 anos ruxindo. Tributo a Ruxe Ruxe"
03/09/2021
Secho "Recuperar"
Caamaño & Ameixeiras "Aire!"


Hai uns anos, Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), músicas novas pero xa experimentadas, uníronse como dúo para darlle un tratamento de seu á música tradicional. Tras un bo feixe de concertos nun par de anos, entraron a gravar este seu debut discográfico e, con moito acerto, apostaron pola produción de Diego Galaz. Ademais de por ser un instrumentista moi requerido, é coñecido por Fetén Fetén, o seu proxecto con Jorge Arribas onde violín e acordeón son os instrumentos de cabeceira. Se cadra esta conexión co dúo burgalés axuda a que a proposta de Caamaño & Ameixeiras resulte tamén fresca e engaiolante na gravación.

Estas músicas son das que entenden a tradición como algo que coñecer para revitalizala, dotándoa dos arranxos e detalles que lles permite a súa creatividade e pericia instrumental, que non é precisamente pouca, Cunha variada selección de pezas e partindo da súa condición de galegas, tamén nos transportan por medio de ritmos populares a outras latitudes, coa tradicional búlgara "Buchimitsa", a vasca "Alegría Dio"la Dea", a francesa "Le bal de la Marine" e unha das miñas favoritas: "Transatlántico" de Kerien Alexander. A través de diversos formatos (dúo, trío, cuarteto ..) fan recreacións de temas recollidos ("Florencio" é un collage de pezas do cego dos Vilares), alleos (versionan con éxito a "Se souberas" que Mercedes Peón creara da Xota de Fontefría) e tamén varias composicións de Antía como "Mercedes y Dolores" -adicada ás súas avoas-, ou a que pecha e titula o disco.

"Aire!", un título a modo de berro reivinidcativo que invita ao baile, á foliada, a gozar do popular sin que todo iso non podida soar exquisito, cun virtuosismo ben entendido; tanto por parte delas como o das colaboracións que acaban de vernizar o disco. Nada menos que Sílvia Pérez Cruz ("Maneo de Cambre" é do máis fascinante), Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, El Pana. Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel.les Carod ... e outros que sobrevoan como Pedro Pascual ou Xurxo Fernandes. E para finalizar, a maquetación da propia Antía e o deseño de collage de Nébeda Piñeiro válenme para recomendar achegarse un dos seus concertos e facerse coa edición física.

Pepe Cunha, 9-xuño-2021



Escoitar Abrete de Orellas nas ondas
vitaminasparaogalego
Gaudi Galego - Pepe Cunha - Edicions Embora
musicosaovivo